Instamos ao goberno municipal non só a manter a Farola no espazo onde está, senón a adicar os esforzos políticos, técnicos e económicos a diversificar as súas actuacións a outras rúas da vila
Desde o BNG da Estrada xa temos manifestación a nosa oposición ao que no goberno municipal chaman “humanización” da Praza da Farola, unha proxecto que contemplaba a eliminación do elemento que lle dá nome.
Segundo informacións dos medios locais, o goberno recúa da súa inicial pretensión, mantendo a farola na Praza, pero non no espazo central que ocupou nas últimas décadas. É dicir, o alcalde cede á presión dos veciños e veciñas, tamén do BNG, de manter a Farola, pero a idea é apartala a unha esquina onde non moleste.
O goberno do PP non quere unha vila con personalidade e historia, quere unha vila de espazos que lle permitan lucirse con espectáculos diversos e para iso necesitan unha Praza da Farola libre de estorbos como é a Farola, que loce, com dixemos, desde hai décadas no centro neurálxico da vila.
Desde o BNG instamos ao goberno municipal non só a manter a Farola no espazo onde agora mesmo está, senón a adicar os esforzos políticos, técnicos e económicos a diversificar as súas actuacións a outras rúas da vila. Hai que recordar que a actual Praza da Farola hai poucos anos que sufriu a modificación que loce hoxe, o que sería absurdo e un desperdicios volver a actuar onde xa se actuou hai poucos anos. En todo caso, isto é unha proba máis do que vimos denunciando desde hai anos, que o goberno do PP carece de ideas e proxecto, e as súas actuacións só serven para desfacer a facer sobre os seus pasos.

