O PSOE insta o goberno do PP a deixar de mal gastar diñeiro público na súa ocorrencia do cambio da praza de abastos para a nave de aceiros

adminON
Lectura mínima de 3

O Partido Popular ven de publicitar a bombo e platillo o proxecto que  quere facer na nave de Aceiros. 

No goberno anterior o PSOE destinou fondos europeos para o proxecto da  nave onde se construiría un gran espazo destinado á cultura. 

A chegada de Nava Castro ao goberno supuxo tirar os cartos do  proxecto cultural ao lixo e encargar un novo para localizar na nave de  Aceiros a praza de abastos. Dita decisión tamén pon en risco a chegada dos  fondos europeos conseguidos para a rehabilitación de dito espazo.  

Este capricho do PP por cambiar a actual praza de abastos é un  despilfarro de diñeiro público xa que no goberno anterior xa se había feito  un proxecto para a súa modernización na localización actual que agora  tampouco servirá de nada.  

Tras coñecer o proxecto do PP para a nave de Aceiros, o Partido  Socialista alerta da necesidade de ter espazos culturais, “tal e coma nós  tiñamos planificado, xa que este proxecto do PP reserva espazo na futura  praza de abastos para eventos ” afirma a voceira do PSOE Vanesa  Fernández. “Novamente a Sra Nava Castro certifica mediante documentos  que o cambio de usos proxectado para a nave de aceiros non é sinxelo e  pode por en risco os fondos europeos tal é como vimos denunciando dende  o PSOE, por iso agora aparece no proxecto da praza de abastos este novo espazo para eventos que entendemos que será para tratar de xustificar o  uso para o cal estaban solicitados os fondos europeos “. 

Por outro lado a nova praza de abastos non terá estacionamento  propio o que “non resultará práctico nin vai a invitar aos veciños e veciñas  a achegarse á praza”. Dende o Partido Socialista tememos que a ocorrencia do PP sexa que os usuarios da praza de abastos estacionen no parking da  área comercial que se instalará na nave de Granitos, o que sen dúbida  restará clientes aos nosos praceiros e praceiras”, sinala Vanesa Fernández. 

Por todo, o PSOE insta a Sra. Nava Castor a deixarse de ocorrencias e  non seguir tirando o diñeiro das veciñas e veciños en caprichos que nada  aportan nin as veciñas e veciños, nin aos nosos comerciante e praceiros. 

Comparte este artigo