Home Pontevedra O Salnés O retraso nas obras da Avenida de Madrid deixa en evidencia...

O retraso nas obras da Avenida de Madrid deixa en evidencia as mentiras de Telmo Martín á veciñanza e ao tecido comercial

- Anuncio -

O BNG lembra que o alcalde garantiu hai meses que os traballos paralizaríanse no verán e que a cuberta do paso subterráneo xa estaría colocada 

Fran Leiro advirte das retencións e o colapso de tráfico que  esta situación xenera na Rúa Cesteiros, que se suma á falta de  aparcamento e que “en definitiva, é consecuencia da política  de formigón do señor Martín” 

A ineficacia e incapacidade de  xestión do Goberno municipal do Partido Popular continúa a pasar  factura á veciñanza de Sanxenxo. O Bloque Nacionalista Galego (BNG)  acusa a Telmo Martín de mentir a moitos veciños e veciñas, así como  comerciantes e hostaleiros, sobre as obras do paso subterráneo da  Avenida de Madrid, en pleno centro urbano. A pesar de que o alcalde  asegurou hai uns meses de que os traballos paralizaríanse en verán,  retomándose no outono para non interferir na tempada estival,  “atopámonos en pleno mes de xullo a actuación continúa”, sinala o  voceiro nacionalista, Fran Leiro. O concelleiro do Bloque explica que  este feito está a provocar moitas molestias a residentes e comerciantes  da Avenida de Madrid, xa que as obras comezan a primeira hora da  mañá. “Está claro que os operarios teñen que cumprir coas súas  obrigas, pero isto non foi o que lles prometeu aos veciños e veciñas  antes do verán”, salientou Leiro.

Pero este non é o único incumprimento feito por parte do alcalde.  “Telmo Martín tamén asegurou que no verán a obra quedaría xa  cuberta e a realidade é que dista moito de estar así a día de hoxe.  Sabemos que a palabra de alguén que promete baixar impostos e  despois os sube non é precisamente de moito valor, pero a nosa  veciñanza merece un respecto, máxime cando se está a falar dun tema  tan importante, xa que está en xogo o tempo de descanso e a  actividade comercial da zona”, sinalou Fran Leiro. Por outra banda,  desde o BNG tamén se fan eco das queixas de moitos e moitas  residentes na Avenida de Madrid con respecto aos atascos que  provocan estas obras, especialmente no cruce coa Rúa Cesteiros, que  sube ata o semáforo da PO-308. “Estanse a producir retencións  practicamente todos os días, o cal xa se suma ao colapso que está a  experimentar Sanxenxo desde xuño, pola falta de estacionamento.  Todo isto é consecuencia da política de cemento e da incapacidade de  xestión de Telmo Martín, que está a sumir no caos ao concello cando  aínda faltan máis de dúas semanas para agosto”, rematou o voceiro do  Bloque.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas