Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal e Caminha dan os primeiros pasos para unha grande alianza...

O Rosal e Caminha dan os primeiros pasos para unha grande alianza transfronteiriza no esteiro do Miño

- Anuncio -

A alcaldesa Ánxela Fernández Callís e o presidente Rui Lages mantiveron un encontro no que se comprometeron a traballar na creación dunha Eurocidade coa que estreitar lazos, realizar proxectos conxuntos e abordar problemáticas comúns

O Rosal e Caminha mantiveron un encontro histórico que marca o inicio dunha grande alianza transfronteiriza no esteiro do Miño. A alcaldesa Ánxela Fernández Callís mantivo un encontro co presidente da cámara municipal Rui Lages no que ambos rexedores acordaron dar os primeiros pasos para a creación dunha Eurocidade que inclúa a Caminha, O Rosal e A Guarda que permita continuar estreitando lazos entre poboación veciñas, abordar problemáticas comúns e desenvolver unha programación sociocultural e económica conxunta.

Fernández Callís amosou a súa satisfacción pola visita do rexedor luso e expresou a súa vontade de traballar de forma estreita para crear unha eurocidade que una dúas beiras do Miño “nas que non se entende de fronteiras”. “É un paso importante para consolidar a nosa relación e para xerar oportunidades de crecemento para as tres localidades”, salientou a alcaldesa.

Pola súa banda, o presidente de Caminha destacou a importancia de abordar problemáticas comúns como a mobilidade na zona do esteiro do Miño, así como de fortalecer os lazos entre poboacións que xa se senten unidas. “É fundamental que traballemos en conxunto para superar os obstáculos que afectan á nosa rexión e para promover unha maior integración entre programacións e servizos, o que sen dúbida beneficiará aos nosos veciños e veciñas”, recalcou Lage.

No encontro tamén participaron o vereador de Cultura, João Antonio Branco; os concelleiros e concelleiras rosaleiras Germán Rodríguez, Beatriz Rodríguez, Carlos Villanueva e Alejandro González e persoal técnico e experto, co que abordaron os primeiros pasos a seguir para a creación da eurocidade.

A creación desta grande alianza será un paso máis na estreita unión entre estes concellos, xa que o persoal técnico do Rosal e Caminha levan anos traballando nun programa de formación conxunta posto en marcha polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño, AECT Rio Minho, para o desenvolvemento de proxectos de futuro transfronteirizos conxuntos.

O seguinte paso será unha reunión o vindeiro 20 de maio en Caminha dos tres alcaldes do Rosal, A Guarda e Caminha para abordar eses primeiros pasos a dar para a creación da Eurocidade.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas