Home Pontevedra Deza O salón de alimentación Salimat Abanca promociona xa a súa 25ª edición,...

O salón de alimentación Salimat Abanca promociona xa a súa 25ª edición, que será do 2 ao 5 de xuño de 2022

- Anuncio -

• O CERTAME CONTA ESTES DÍAS CUN STAND NO SALÓN GOURMETS, O CAL SE CELEBRA DENDE HOXE ATA O VINDEIRO XOVES 21 DE OUTUBRO EN MADRID

• ESTA CITA, QUE TERÁ LUGAR NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, VOLVERÁ CONVERTERSE NUN PUNTO DE ENCONTRO DO SECTOR
O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, promociona estes días a súa 25ª edición, a cal terá lugar do 2 ao 5 de xuño de 2022 xunto á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Así, para esta nova cita, o certame conta cun stand no 34º Salón Gourmets, un encontro de profesionais nacionais e internacionais do sector gastronómico, restauración, hostalería, distribución, cátering e comercio especializado, que ten lugar desde hoxe ata o vindeiro xoves 21 de outubro en Madrid.

Ademais desta presenza con stand, no certame tamén está presente un equipo comercial da Feira Internacional de Galicia ABANCA, encabezado polo seu director, Ricardo Durán. Durante estes días realizarán visitas a moitos dos expositores presentes en Gourmets, para darlles a coñecer as vantaxes de formar parte de la próxima edición de Salimat Abanca.

Punto de encontro alimentario

Salimat Abanca volverá converterse en 2022 en espacio de converxencia do sector alimentario e gastronómico a través dunha atractiva exposición e unha ampla programación na que destacarán os Encontros Internacionais de Compradores, ademais de showcookings, catas, presentacións e o seu espazo de innovación Alinova.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas