O Son de Marín cumpre doce anos e encherá de música as rúas e prazas durante toda a fin de semana

adminON
Lectura mínima de 4

O evento presentouse esta mañá ás 13.30 horas na Alameda. Incluirá, como é habitual, a ofrenda floral na memoria de John Balan e actuacións musicais ao longo do venres e do sábado 

A música de Marín e de arredores soará con toda a súa potencia esta fin de semana polas nosas rúas e prazas grazas á celebración, por doceavo ano consecutivo, do Son de Marín, que foi presentado esta mañá na Alameda Rosalía de Castro. 

A programación do evento musical de ADN marinense arrancará o xoves, 1 de agosto, a partir das 19.00 horas coa tradicional ofrenda floral no Cemiterio de Santo Tomé de Piñeiro na memoria de John Balan, acompañado polo grupo Os de Marín. Balan foi e sempre será unha figura relevante da historia musical marinense e o seu legado trátase de preservar con momentos de recuperación da súa memoria, como sempre fixo o Son de Marín. 

Xa o venres, a programación comezará ás 21.30 horas co Concerto Marín Canta, dos Saljariter@s, na Alameda. Neste caso, a mención especial que quere facer o grupo de cantos de taberna vai dirixida a Amijos e Vesiños de Cantodarea “pola súa traxectorial na promoción cultural do noso Concello”, tal e como explicaron na presentación. 

O sábado a partir das 11.00 horas empezarán os pasarrúas con Cantareir@s de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Ejército y Marina – Rúa do Sol), cos Zumby Kids (Praza de Abastos – Praza do Klee – Rúa do Sol – Alameda), Os de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Ejército y Marina – Rúa do Sol), OsChaneiros (Ezequiel Massoni – Jaime Janer) e a Batucada Axé Bahía (A Cañota – Cantodarea – Avenida de Ourense). 

Durante toda a xornada, haberá actuacións en distintos puntos de Marín: 

11.00h – Pandereteiras Airiños de San Xulián – Banda do Río (Underground) 12.00h: 

○ Fentos e Frouma – Avenida de Ourense (C.C. Morrazo) 

○ Banda de Música de Marín – Fondo do Saco 

○ As Ferriñas – Rúa Lameira (Cortijo) 

○ Marín In Verso – Praza da Veiguiña 

○ Take Three – Palco da Música da Alameda 

○ Escola Pandereteira de Trompos Os Péz – Rúa Lameira (Cortijo) ○ Coral Lembranzas e Antonio Peixoto e a súa armónica – Praza 8 de Marzo 

20.30: HOMENAXE A JOHN BALAN. Presentado por Julio Santos Pena e coa mención especial a Airiños de San Xulián e a Os Chaneiros – Alameda. ● 21.00h – Bela e Charlo versións – Méndez Núñez (Manhattan – Pato Donald) ● 21.30h – Orquestra Cé Pantasma – Alameda Rosalía de Castro 

22.00h – Sr. Nilsson Band versións – Ez. Massoni (O Rural – Nao) 22.30h: 

○ Four Passengers – Estrada (Rincón de Juansito) 

○ Ricardo Parada versións – Méndez Núñez (detrás do Concello) 

○ Cuestión de tiempo versións – Rúa Real ● 00.30h – DJ Jorge Álvarez – Alameda

Comparte este artigo