A Consellería de Emprego da Xunta de Galicia concede unha subvención de case 412.000 euros á terceira edición desta iniciativa municipal
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Emprego, Julia Loureiro, informaron hoxe de que vén de ser recibida no Concello a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se concede ao Concello de Mos o Obradoiro dual de emprego denominado “QUEDA EN MOS III”, cunha duración de 9 meses. A subvención outorgada ao CONCELLO DE MOS a tal fin ten un importe de 411.928,00 euros.
Este Obradoiro dual permitirá que 20 alumnos obteñan unha cualificación e experiencia profesional nas ocupacións de carpintería 3D e Marketing dixital e multimedia, que lles capacitará para acceder ao mercado laboral como man de obra cualificada.
Durante estes 9 meses realizarán tarefas de interese xeral como fomento da capacitación dixital e de impulso da actividade económica e empresarial a través de actuacións de organización, xestión e dinamización das iniciativas locais nos ámbitos formativo, cultural, social, educativo, turístico e hostaleiros do concello, coa elaboración de soportes dixitais e a elaboración de material de madeira necesario para a súa visibilización e posta en valor dos recursos do Concello.
Mediante dita posta en valor realizarase unha mellora paisaxística para reforzar a marca Queda en Mos, unha mellora e desenvolvemento da páxina https://quedaenmos.es, o deseño, planificación e Desenvolvemento de produtos multimedia e unha aplicación móbil, organizar actividades tempo libre participativas e colaborativas, temáticas, dinamización grupal; e deseñar un plan marketing e comunicación de varios eventos do Concello. As persoas interesadas en participar neste Obradoiro de Emprego deben achegarse á Axencia de colocación de Mos, sita na Avenida de Peinador 39, ou chamar ao teléfono 986 487786.
As representantes municipais Arévalo, rexedora local, e Loureiro, edil de Emprego declaraban esta mañá que “o proxecto denominado “QUEDA EN MOS III” ten como finalidade continuar o traballo iniciado no OE Queda en Mos do ano 2024-25, e ao mesmo tempo, complementar a actividade que se vai a desenvolver co proxecto de OE de Garantía Xuvenil ImpulsaMos”.
Tamén explicaron que “o obxectivo principal do OE, ao igual que ImpulsaMos, é contribuir a desenvolvemento dun territorio rural, como é Mos, de forma sostible tanto económica como en todolos ámbitos sociáis, educativos, …., reducindo a fenda dixital, fomentando a capacitación dixital e impulsando o desenvolvemento da actividade económica e empresarial a través das actuacións propostas ,así como, a posta en valor do dos recursos municipáis, culturáis, sociáis, educativos, turísticos e hosteleiros do municipio de Mos”. E Nidia Arévalo insistiu en que “a pesares de non ser unha competencia municipal a loita contra o desemprego é unha das miñas máximas prioridades na xestión local e a teño sempre presente a diario na miña folla de ruta dende que son alcaldesa”.
QUEDA EN MOS III vaise desenvolver nun ámbito DIXITAL e SOCIAL. O fomento das TIC e a economía dixital son os principáis obxectivos do proxecto. A iniciativa é desenvolver un proxecto de formación profesional para o emprego que, baixo a modalidade de obradoiro dual de emprego, contribúa a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas da comarca mediante a realización dunha serie de obras e a prestación dunha serie de servizos relacionados coa mellora paisaxística dos espazos naturáis e de lecer do municipio, e de promocionalos no mesmo municipio e hacia o exterior, xa que o municipio de Mos, dispón de recursos de interese tanto a nivel medioambiental, como a nivel recreativo, así como no ámbito empresarial hosteleiro e comercial, así como no educativo. Preténdese desta maneira acadar unha visibilidade destes recursos, así como a consolidar o tecido local de servizos e produtos derivados dos negocios hosteleiros e de comercio, co fin de mellorar o posicionamento do Concello nos principais canais de atracción de visitantes, e por suposto de mellorar a calidade dos espazos nos que se vai a actuar para os vecinos e veciñas do municipio.

