Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Os "Bosques Terapéuticos" de xuño arrancan con rutas pola Carballeira de San...

Os “Bosques Terapéuticos” de xuño arrancan con rutas pola Carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, e a Fervenza da Toxa, en Silleda

- Anuncio -

O programa da Deputación permitirá esta fin de semana desfrutar de baños de bosque mesturando natureza, exercicio, cultura, historia e saúde

O mes de xuño comeza con dúas novas rutas do programa da Deputación de Pontevedra “Bosques Terapéuticos”, nas que as persoas participantes poderán desfrutar de actividades baseadas na terapia de shinrin yoku ou “baño de bosque”, unha técnica orixinaria de Xapón que consiste en internarse na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión. As rutas, que mesturan natureza, exercicio, cultura, historia e saúde, serán este sábado 3 de xuño pola contorna da Carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, e o domingo pola Fervenza do Toxa, en Silleda.

No caso da camiñada pola Carballeira de San Xusto, poderán gozar dun percorrido dende as 10 horas por este espazo natural, cun itinerario que arrancará nos baños de San Xusto e finalizará na ponte nova sobre o Lérez. Ademais das explicacións sobre a vexetación que se pode atopar na zona, como carballos centenarios e castiñeiros e carballos americanos, as e os asistentes coñecerán tamén diversos aspectos históricos e etnográficos deste espazo do concello de Cerdedo-Cotobade.

En canto a ruta do domingo, que se desenvolverá pola contorna da Fervenza do Toxa, no concello de Silleda, os e as participantes poderán admirar un lugar no que a vexetación, a rocha e a auga se funden para acadar esta obra mestra da natureza. Alí, o río Toxa cae uns 30 metros en vertical e esculpe a rocha de mil xeitos, todo elo rodeado dun denso bosque con carballos, castiñeiros, sobreiras e decenas de especies máis, a gran maioría autóctonas da zona.

As dúas rutas parten cunha premisa fundamental: abrir os cinco sentidos, respirando a fondo e camiñando pensativamente mentres se conecta coa natureza. Porén, os e as asistentes son instados a desconectar os dispositivos móbiles, observar a luz solar que penetra entre as follas, percibir os sons e aromas que os rodean, camiñar en silencio e en calma e deixarse levar sentíndose parte da experiencia. De feito, o importante non é facer moitos quilómetros, senón desfrutar do camiño lentamente e prestando atención ao que se atopa no paseo.

Ao longo do mes de xuño realizaranse tamén camiñadas pola Ruta da Pedra e da Auga, pola ponte colgante do Lérez, o Lago Castiñeiras, o Río Eifonso e a Illa de Tambo, se ben as prazas están xa todas esgotadas. Quen queira desfrutar destas saídas dos “Bosques Terapéuticos” aínda poderá facelo nas rutas previstas para os meses de xullo, para as que a inscrición abrirá o 12 de xuño, e de agosto, con inscricións a partir do 17 de xullo, a través do formulario que atoparán na web provincial (www.depo.gal).

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas