HomePontevedraBaixo MiñoOs Cafés en Igualdade rematan cunha conversa para transformar a culpa e...

Os Cafés en Igualdade rematan cunha conversa para transformar a culpa e abrazar a imperfección  

- Anuncio -spot_img

Última sesión da tempada este xoves 29 de maio da man da psicóloga clínica Andrea Iglesias na terraza da Tapería A Praza. Ás 17.30 h con entrada de balde

O Rosal continúa apostando por espazos de reflexión e crecemento persoal coa última sesión da tempada dos Cafés en Igualdade, un ciclo que está a consolidarse como referente pola súa capacidade de xerar lugares de encontro próximos e transformadores nos que abordar temas clave para o benestar emocional ou a igualdade.

Este xoves 29 de maio, ás 17.30 horas, a terraza da Tapería A Praza converterase no mellor escenario para afondar no tema ‘Transformar a culpa. Convivir coa imperfección’, da man da psicóloga clínica Andrea Iglesias. A través dunha conversa amena, aberta e sen xuízos, esta nova sesión pretende dar ferramentas para entender e xestionar a culpa, desmontar crenzas limitantes e aceptar a imperfección, escapando das presións sociais que nos rodean.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima á veciñanza a participar neste encontro. “Precisamos espazos como este, onde compartir experiencias reais, poñer en valor o noso benestar emocional e aprender a tratarnos con máis respecto e amabilidade. Despois de tantas edicións, os Cafés en Igualdade xa se ten consolidado como punto de encontro, reflexión e cambio social”, destacou a rexedora.

Os ‘Cafés en Igualdade’ están organizados polo Concello do Rosal e contan co financiamento do Ministerio de Igualdade, a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024.

Publicacións Relacionadas