Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Os colectivos redondeláns tecen redes pola igualdade

Os colectivos redondeláns tecen redes pola igualdade

- Anuncio -

O Concello de Redondela conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha serie de actividades nas que se está a implicar toda a sociedade redondelá. Exposicións, teatro, ciclos formativos, xornadas de saúde feminina, roteiros para escolares e concertos son algunhas das actividades que ao longo dos meses de marzo e abril ofrece a concellería de Servizos Sociais e Igualdade baixo o lema “Enredadas pola Igualdade”.

No acto central do próximo día 8 a veciñanza de Redondela terá un papel protagonista. O departamento que dirixe Iria Vilaboa repartiu redes de pesca entre centros de ensino, colectivos e asociacións. Cada entidade decorou estas mallas “con diferentes elementos relacionados co 8M, o papel da muller na sociedade e a importancia da igualdade real entre homes e mulleres”, explica Vilaboa. Desde hoxe mesmo os usuarios e usuarias do Centro Ocupacional Lenda están a encargarse de unir todas esas nun gran tapiz que será protagonista do acto institucional que se celebre na praza do Concello o Día Internacional da Muller. Seve Casal, mariñeiro da Confraría de Redondela e membro de Amarturmar, foi o encargado de ensinarlles a técnica. “A colaboración entre diferentes entidades e asociacións do municipio e co propio Concello é o que nos permite que esta data sexa realmente participativa, e que a sociedade sexa a protagonista, ese é o noso obxectivo”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. O próximo día 8, ás 12.00 horas, mulleres e nenas de diferentes centros, colectivos e asociacións participarán no acto oficial coa lectura do pregón e a colocación destas “redes pola igualdade”.

Teatro e Música

A programación do 8M continuará o sábado día 9 coa obra de teatro Revolta, da compañía Juanito e Filomena, cunha reinterpretación feminista da Historia en clave de humor a cargo das actrices Arantxa Treus e Rocío Romero. A cita é ás 20.00 horas no auditorio da Xunqueira, entrada 3 euros.

O mesmo día, no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela, concerto 8M a cargo da Banda de Música de Chapela. Ás 20.30 horas con entrada de balde.

Concertos “Petiscos en Igualdade”

Os domingos 10, 17 e 24 de marzo haberá concertos na praza da Constitución con diferentes artistas. O primeiro será o de Su Garrido, o do día 17 correrá a cargo do grupo Noite, e o último será o de Zousaxmas. Nos tres casos as actuacións serán ás 12.00 horas.

Contacontos

O xoves día 14 de marzo a Biblioteca Municipal Xela Arias, en Chapela, acollerá o contacotos “”Vamos ao recreo”, de Trémola Teatro. Nesta historia, recomendada para público infantil e familiar, unha nena revoluciona o patio do cole onde rapazas e rapaces debían xogar separados. Ás 18.30 horas, entrada de balde.

Ciclo Saúde Feminina

Desde o 9 de marzo e ata o 13 de abril celebraranse na oficina de Turismo diferentes charlas e obradoiros sobre saúde física e mental, sexualidade e nutrición, entre outras cuestións. Especialistas en diferentes ámbitos (doutoras, nutricionistas, enfermeiras, fisioterapeutas, educadoras sociais, expertas en saúde sexual, etc) falarán sobre o corpo desde unha perspectiva de xénero e abordarán cuestións como a menstruación e a menopausa, a alimentación, a sexualidade e o autocoñecemento, o coidado emocional, etc. As inscricións poden realizarse unha semana antes de cada actividade no enderezo electrónico multiusosredondela@gmail.com ou por teléfono 986 40 28 65.

IV Xornadas Gemma Pereira Otero

Nesta cuarta edición as Xoradas Gemma Pereira Otero ofrecerán formación sobre a Xestión de Redes Sociais no Comercio Local. A actividade está dirixida a autónomas e pequenas empresarias, especialmente do comercio local, “que demanda ao Concello este tipo de formación para poder seguir medrando cos seus negocios”. Serán os días 18, 19, 20 e 23 de marzo.

Roteiros para escolares

Nos meses de marzo, abril e maio os escolares de Primaria participarán nuns roteiros guiados organizados polo Concello “para que poidan coñecer a pegada que o traballo das mulleres deixou na nosa vila”, explica Iria Vilaboa. En Chapela o percorrido será desde a Alameda Rosalía de Castro ata a praia de Arealonga, e en Redondela sairán desde a Praza de Ponteareas ata a Fonte de Santiago.

Xornadas “Falemos de sexo” nos IES municipais

Desde este mes de febreiro, e ao longo de marzo e abril, a educadora social e axente de igualdade Lucía Pereda, está a impartir nos institutos de Redondela charlas e obradoiros para a mocidade sobre sexualidade e afectividade.

Exposición Conquistadoras

A exposición Conquistadoras estará no mes de marzo na alameda Castelao de Redondela e e abril trasladarase ao paseo de Cardona, en Chapela. A mostra reflicte “o compromiso deste Concello con todas as mulleres que loitaron polos seus dereitos”, explica a alcaldesa Digna Rivas, e non se trata exposición “ao uso tradicional”, senón que é unha mostra “viva e dinámica” á que cada ano se van engadindo as caras e os nomes de mulleres loitaron “non só polos seus dereitos, senón polos de todas as mulleres”.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas