Home Pontevedra Os escolares celebran cun concerto de Brais Morán a clausura do programa...

Os escolares celebran cun concerto de Brais Morán a clausura do programa “Semaniña enteira”

- Anuncio -

Máis de 300 escolares de diferentes institutos de Redondela asistiron hoxe ao concerto de Brais Morán & Nasaufunk organizado polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Redondela. A este evento, celebrado este mediodía na Alameda Castelao, estaban convidados todos os alumnos e alumnas dos IES Chapela, Floriani e Mendiño que participaron na campaña “Semaniña enteira”. Esta iniciativa, que xurdiu dos equipos de Normalización Lingüística dos institutos, tiña o obxectivo de fomentar o uso do galego entre a mocidade, e o reto que tiñan que superar era falalo durante 7 días as 24 horas. Para este propósito o Concello de Redondela mobilizou a distintos sectores sociais para contribuír ao uso do galego e animar á poboación a empregar a nosa lingua. Os que o superaron gozaron hoxe deste espectáculo con Brais Morán, que pon a voz e a guitarra na súa banda, Nasaufunk, coa que introduce os ritmos disco e funky no panorama actual da música galega e en galego con temas feitos para bailar e divertirse. A actuación, que estaba prevista para o pasado mes de marzo, tivera que adiarse por mor da chuvia. O concelleiro de Ensino, Iván Valles, felicitou á rapazada por ter superado o reto, e animounos a usar o galego “non só unha semaniña enteira, senón un mes enteiro, e o ano enteiro”.
Dende o Servizo de Normalización Lingüística, e a petición de varias escolas, proponse celebrar un novo reto “Semaniña enteira” nos colexios de Primaria. Xa son varios os centros que amosaron o seu interese en facelo e que o porán en marcha no mes de maio. O SNL valora positivamente a campaña pola promoción do galego en todos os ámbitos por parte da mocidade, e tamén por trasladar o debate “sobre o uso, transmisión e saúde do idioma nun municipio coma Redondela, tan vencellado ao proceso de normalización lingüística” sinala a Alcaldesa Digna Rivas. A rexedora confía en que retos coma este sirvan “para normalizar o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade” e reafirma o compromiso do seu goberno “para seguir colaborando en todas as iniciativas que se poñan e marcha a prol da lingua”.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas