Home Pontevedra Baixo Miño Os Reis Magos chegan mañá a Oia para participar na tradicional cabalgata...

Os Reis Magos chegan mañá a Oia para participar na tradicional cabalgata polos barrios e parroquias

- Anuncio -

Os Reis Magos visitarán Oia durante toda a xornada do xoves día 5 de xaneiro, onde participarán na tradicional cabalgata. As súas Maxestades de Oriente percorrerán os distintos barrios e parroquias e irán facendo paradas no comiño para coñecer aos nenos e nenas do municipio e constatar o ben que se teñen portado no último ano.

A comitiva real fará a súa ruta levando festa, ledicia e ilusión por cada recuncho do concello. O percorrido e horarios serán os seguintes:

● Pola mañá:

A Portela (11.00h), Mavia/Santa Comba (11.30h), Acevedo (12.00h) e Praza de Loureza (12.30h), continuando por Refoxos cara á Praza de Burgueira (13.00h) e Praza de Torroña (13.30h).

● Pola tarde:

Casa Cultural de Viladesuso (15.00h), Casa Cultural de Pedornes (15.30h) e baixada ao Mosteiro de Oia (16.00h). No adro da igrexa parroquial de Santa María de Oia o párroco, don Daniel Goberna, recibirá ás súas maxestades os Reis Magos. A continuación cantaranse unhas panxoliñas e farase a entrega do premio ao gañador do concurso de postais do párroco.

A recepción aos Reis Magos celebrarase no CEIP Mestre Manuel García (16.30h), nun acto no que haberá agasallos, chocolatada e animación infantil.

Desde alí o percorrido continuará ata a Casa Cultural de Mougás (19.00h), onde terá lugar o fin de festa.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas