Parderrubias acolle o Penedo Remember Fest 2026: dous días de música, deporte e convivencia para todas as idades

Redacción

O festival celebraráse os días 8 e 9 de agosto no Área Recreativa Penedo Redondo con sesións DJ cos mellores éxitos dos 80’s aos 2000, o tradicional torneo de fútbol entre barrios esta vez “entre os de arriba” e os de abaixo” e múltiples campionatos populares como torneo de futbolín e tute.

A Área Recreativa Penedo Redondo, situado na parroquia de Parderrubias (Salceda de Caselas), volverá converterse os vindeiros días sábado 8 e domingo 9 de agosto de 2026 no epicentro do lecer e da música coa celebración do Penedo Remember Fest 2026, un evento que pon un especial interese en conectar á xuventude e ofrecer unha alternativa de lecer integradora para tódolos públicos.

Unha cita interxeneracional e dinamizadora

Organizado pola Asociación de Veciños de Parderrubias en colaboración co Concello de Salceda de Caselas, o Penedo Remember Fest preséntase como dous días para lembrar, pensados para revitalizar a vida social e cultural da contorna e ofrecer un punto de encontro interxeneracional.
“Queremos que o Penedo Remember Fest sexa un espazo onde os máis novos se divirtan e fagan comunidade, pero tamén onde as familias e os veciños de toda a vida poidan compartir momentos inesquecibles xuntos.”
— Organización do Festival

Programación musical e actividades destacadas

A oferta do festival combina actuacións musicais en directo con torneos deportivos de longa tradición na zona e propostas gastronómicas:

  • Música en directo e sesións DJ: Toda a noite soaran os mellores ‘Remember Hits’ dos anos 80, 90 e 2000, das mans de DJ Ramón (Eclipse) e Krlos DJ.
  • Campionato de Fútbol ‘Barrios de Arriba vs Barrios de Abaixo’: O clásico enfrontamento local que contará con categorías tanto masculina como feminina, promovendo a participación e a igualdade no deporte.
  • Campionatos de Futbolín e Tute: Competicións populares abertas a tódalas idades con diversión e emoción garantidas.
  • Xogos populares e restauración: Haberá xogos tradicionais e campionato de futbolín para nenos e adultos, zona de restauración con servizo de comida e bebida, así como sorteos e grandes premios ao longo de ambalas xornadas.
  • Resumo de datos clave do evento
    Datas e Lugar: Sábado 8 e domingo 9 de agosto de 2026 Área Recreativa Penedo Redondo (Parderrubias, Salceda de Caselas)
    Público obxectivo: Xuventude, familias e público xeral
    Inscricións en torneos: • Online: https://penedorememberfest.com/inscripciones.html
  • Presencial: A Carrasca ou Bar Cultural de Parderrubias
    Máis información: Páxina web oficial: https://penedorememberfest.com Entidades organizadoras: Asociación de Veciños de Parderrubias, coa colaboración do Concello de Salceda de Caselas e entidades locais.
  • Aberto o prazo de inscrición
    A organización informa de que xa se atopa aberto o prazo para inscribirse no tradicional Campionato de Fútbol (Barrios de Arriba vs Barrios de Abaixo), así como nos campionatos de Futbolín e Tute. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición de xeito sinxelo a través da páxina https://penedorememberfest.com/inscripciones.html ou ben de xeito presencial nos puntos habilitados: no Bar A Carrasca e no Bar Cultural de Parderrubias.
Comparte este artigo