HomeVigoPazos de BorbénPazos de Borbén celebra a súa I Feira da Primavera cunha aposta...

Pazos de Borbén celebra a súa I Feira da Primavera cunha aposta pola artesanía e a cultura local

- Anuncio -spot_img

O evento terá lugar os días 7 e 8 de xuño na Praza do Concello, con exhibicións, música e produtos locais nun ambiente para toda a familia

O Concello de Pazos de Borbén organiza esta fin de semana a primeira edición da súa Feira da Primavera, unha cita co talento e a creatividade da nosa contorna que reunirá artesáns e artesás locais os días sábado 7 e domingo 8 de xuño, en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas, na carpa situada na Praza do Concello.

Durante a feira, as persoas visitantes poderán descubrir pezas únicas elaboradas a man e asistir a demostracións en vivo de cestería e encaixe de bolillos. Ademais, haberá postos con xoias, artigos de coiro, exposicións de maquinaria agrícola, degustación de algas e outros produtos do mar, actuacións musicais ao longo da xornada e esculturas feitas en directo.

O evento tamén contará cun servizo de bar, con pulpo e churrasco a prezos populares, facendo da feira un plan perfecto para gozar en familia ou con amizades durante toda a fin de semana.

Esta iniciativa do Concello de Pazos de Borbén busca poñer en valor o traballo artesanal, dinamizar o comercio local e crear un espazo de encontro para o desfrute da veciñanza e das persoas visitantes.

A I Feira da Primavera conta coa colaboración de empresas locais como A Torta de Chapela, Pereira Productos del Mar, Algamar e M.A. Carpintería.

Publicacións Relacionadas