Pepa Pardo acusa ao Gobierno de Pedro Sánchez de vender un “tratado fake” a Francia que vulnera a Constitución e esixe a convocatoria inmediata de elecciónS xerais

Redacción
  • A senadora por Pontevedra celebra que o Pleno do Senado dea luz verde a levar ao Tribunal Constitucional a presenza de ministros franceses no Consello de Ministros.
  • Pardo denuncia que o Executivo asinou o Tratado de Amizade sabendo que incumpría a Carta Magna, que só permite a asistencia do Rei como persoa allea ao Goberno.
  • Reivindica o papel da Cámara Alta como “garda da soberanía nacional” e reclama o fin do sanchismo cunha política exterior que sexa de Estado

A senadora do Partido Popular por Pontevedra e voceira de Xustiza na Cámara Alta, Pepa Pardo, celebrou o respaldo do Pleno do Senado ao requirimento para que o Tribunal Constitucional se pronuncie sobre o Tratado de Amizade e Cooperación con Francia, e acusou ao Gobierno de Pedro Sánchez  de vender un “tratado fake” a Francia que vulnera a Constitución e esixiu a convocatoria inmediata de elección xerais.

Pepa Pardo foi contundente nas súas críticas cara ao Executivo de Pedro Sánchez, acusándoo de actuar a sabendas da ilegalidade do texto. “Vostedes vendéronlle un tratado fake a Francia e firmaron un tratado sabendo que no podían cumprilo porque vulneraban a nosa Constitución”, incidiu a senadora pontevedresa, que tamén lembrou que a Carta Magna recolle de xeito taxativo que a única persoa allea ao Consello de Ministros que pode asistir ás súas reunións é o Rei, polo que a introdución de mandatarios estranxeiros supón unha quebra directa do marco constitucional.

Notas interpretativas para tapar un erro xurídico

A voceira de Xustiza afeou que o Goberno central teña intentado amañar as deficiencias xurídicas do documento mediante un intercambio posterior de notas interpretativas co país veciño, en lugar de proceder a modificar a redacción formal do tratado.

Para Pardo, este movemento supón unha confesión de culpa por parte do propio Executivo “Se o Goberno considera necesario interpretar ese precepto é porque está mal feito e porque xera dúbidas de constitucionalidade”, aseverou.

Neste sentido, a dirixente popular defendeu a firmeza do recurso presentado ante o Tribunal Constitucional como unha ferramenta necesaria para protexer o ordenamento xurídico español. “Defender a Constitución e defender a soberanía nacional non é unha tropelía”, asegurou, rexeitando os ataques vertidos polo PSOE contra a iniciativa do Grupo Popular.

O Senado como garda do Estado de Dereito

Durante a súa intervención, a senadora por Pontevedra puxo en valor a función institucional e a maioría da Cámara Alta para exercer como contrapeso fronte aos excesos do Executivo “O Senado é e continuará sendo o gardián da nosa Constitución e da nosa soberanía nacional”, subliñou con firmeza

Pepa Pardo concluíu esixindo que se asuman responsabilidades políticas ao máis alto nivel ante o que considera un engano diplomático e institucional. Por este motivo, reclamou ao presidente do Goberno a convocatoria inmediata de eleccións xerais “España volverá a ocupar o lugar que lle corresponde cunha política exterior de Estado e non ao servizo do sanchismo”, rematou a senadora popular

Comparte este artigo