Home Pontevedra Ponte Caldelas Pescadores e Mariscadoras de Arcade, Vilaboa e Redondela únense á Plataforma e...

Pescadores e Mariscadoras de Arcade, Vilaboa e Redondela únense á Plataforma e afirman que calquera alteración do curso natural dos ríos Verdugo e Oitavén ameaza de morte ao marisqueo e ao modus vivendi de centos de familias

- Anuncio -

Consideran que un cambio no nivel de salinidade podería arruinar por completo o recurso sostible existente na ensenada de San Simón

A Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Arcade, a Confraría de Pescadores Pedra de Oliveira de Vilaboa e a Confraría de Pescadores de San Xoán de Redondela, sumáronse á Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén ENCORO NON no transcurso dunha xuntanza mantida con responsables desta organización da sociedade civil que tivo lugar no peirao de Arcade no que participaron o patrón maior de Arcade, Gonzalo Reinoso, a patrona maior de Vilaboa, María del Carmen Cortegoso Gómez, e a vicepresidenta da Agrupación de Mariscadoras da Confraría de Pescadores de San Xoán de Redondela, Nuria Novelle Zabaleta. Pola Plataforma asistiron a voceira, Pilar Fernández, así como Fernando Malvar, Bruno Castro e Rebeca Moares.

No encontro púxose de manifesto que calquer agresión sobre as concas do Verdugo e Oitavén causarían un “dano irreparable e irreversible” sobre a ría xa que estes dous ríos suministran un caudal continuo de auga doce que repercutiría de xeito directo na salinidade da ría e da ensenada de San Simón e, polo tanto, nos ecosistemas que habitan na mesma. É de sobra coñecido que os cambios na salinidade afectan aos ecosistemas e, nalgúns casos, xa teñen provocado a mortandade de diferentes especies, sobre todo dos moluscos bivalvos, como os berberechos ou as ameixas.

“O impacto das actuacións que pretenden levar a cabo sería unha seria amenaza para o xa de por sí delicado equilibrio que depende da cantidade de auga doce que aportan os ríos para manter os niveis óptimos de salinidade que precisan as especies que viven neste ecosistema”, sinalou Pilar Fernández. Asemade, tamén salientou que “o Verdugo e o Oitavén, coas súas enchentas e secas, levan sedimentos, minerais, areas e gravas que conforman os bancos marisqueiros da ría convertíndose nunha auténtica arteria fluída e viva”.

Neste senso, a execución das alternativas propostas no estudo para o abastecemento de auga a Vigo e a zona sur de Pontevedra, encargado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, suporía unha “estocada mortal” ao sector marisqueiro que xa está a pasar por serias dificultades cun desplome das capturas motivado, entre outros factores, pola contaminación e o cambio climático.

FENDA ECOLÓXICA NA ENSENADA DE SAN SIMÓN

A construcción de calquer tipo de atranco nos ríos ou dun transvasamento que condicione ou modifique o caudal regular e continúo das concas do Verdugo e Oitavén suporía unha fenda medioambiental na ensenada de San Simón e na ría de Vigo que poría en risco unha actividade económica que afectaría a miles de postos de traballo ademáis de afectar de xeito irreversible a un modo de vida e de relación co medio que veñen practicando xeneración tras xeneración e que conforman a esencia dun pobo. “Ademáis do atentado ecolóxico que suporía facer unha aberración deste tipo, tanto o transvasamento como o encoro, botarían por terra o noso xeito de gañarnos a vida e poría en serio risco a biodiversidade marina dun dos espazos máis senlleiros de Galicia que se vería ferido mortalmente por esta agresión salvaxe”, manifestaron as mariscadoras.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas