Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Pleno de Cerdedo-Cotobade aproba un acordo unánime contra o Parque Eólico dos...

Pleno de Cerdedo-Cotobade aproba un acordo unánime contra o Parque Eólico dos Cotos con base na moción do BNG

- Anuncio -

O Pleno aprobou tamén, coa abstención do PSOE, e o apoio do PP a moción do BNG sobre a tarifa eléctrica


No Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade celebrado esta mañá a moción do BNG contra o Parque Eólico dos Cotos transformouse, grazas á xenerosidade de Ernesto Filgueira, nun acordo plenario, aprobado por unanimidade da corporación, que recolle os puntos da moción do BNG, a saber:

• Un posicionamento institucional firme contra a instalación do P.E. Dos Cotos

• Que sexa comunicado públicamente o contido da exposición pública no antigo Concello de
Cotobade en 2013 do proxecto orixinal promovido pola empresa Tiraventos S.L.

• Que fagan as xestións necesarias ante a Xunta de Galiza e ante a empresa para obter toda a información sobre as modificacións do proxecto orixinal a respeito do número e dimensión dos aeroxeradores, potencia por aeroxerador e potencia total a instalar, dimensión e posición da superficie da poligonal, instalación de estacións e subestacións, liñas de evacuación, posíbeis modificación da afectación medioambiental, etc.

• Que se comprometa formalmente a custear con cárrego aos orzamentos do Concello, todos os gastos de honorarios de asistencia jurídica e procuradores/as necesarios para apresentar cuanta demanda sexa necesaria para impedir a instalación do PE Dos Cotos.

O Pleno aprobou tamén, co apoio do PP e a abstención do PSOE, a moción do BNG sobre a tarifa eléctrica que contaba na súa parte resolutiva cos seguintes puntos:

1- Trasladar ao Goberno central o rexeitamento por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade da súa política enerxética por contribuír ao incremento da factura eléctrica dunha parte importante das e dos consumidores domésticos e de sectores vulnerábeis, singularmente os
cambios aplicados a partir do 1 de xuño de 2021.

2- Instar ao Goberno do Estado a abrir un novo proceso para unha regulación da tarifa eléctrica baixo as seguintes premisas:

a) Reducir os impostos que gravan o consumo de enerxía eléctrica, singularmente a
eliminación do imposto especial da electricidade e a redución do tipo aplicado no imposto de
valor engadido até o 4%.

b) Beneficiar aos territorios de produción de enerxía eléctrica compensando o forte impacto
ambiental e social derivado da súa produción a través dun abaratamento dos prezos.

c) Modificar a Lei 24/2013, do sector eléctrico, de maneira que o prezo da electricidade se
estipule en función dos custos de xeración de cada tecnoloxía.
“Alédome que, ao final, se puidesen aprobar dúas iniciativas que son beneficiosas para todos os veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade”, afirmou Ernesto Filgueira, quen reiterou que “desde o BNG seguiremos traballando para mellorar a calidade de vida dos homes e mulleres do noso concello”

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas