Home Pontevedra O Condado Ponteareas inicia a recollida selectiva de materia orgánica no centro urbano

Ponteareas inicia a recollida selectiva de materia orgánica no centro urbano

- Anuncio -

Máis de 1.300 fogares da vila poderán participar neste proxecto piloto previo á extensión do servizo ao 100% da poboación

Ponteareas vén de poñer en marcha unha das iniciativas medioambientais de maior calado en materia de xestión de residuos. Baixo a denominación “Ti tes a chave”, a concellaría de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo implementou o proxecto piloto de recollida selectiva da materia orgánica, mediante a colocación dun novo colector de cor marrón. Este proxecto únese ao iniciado xa no rural nos últimos dous anos, nas parroquias de Arcos e Fontenla, onde máis de 100 vivendas veñen xestionando a materia orgánica mediante composteiros individuais. Agora, coa posta en marcha na vila deste servizo, o salto cuantitativo será moi salientábel, xa que permitirá a máis de 1.300 vivendas e familias, separar os residuos orgánico e depositalos nos 20 novos colectores marróns distribuídos por todo o centro urbano, nunha iniciativa que é pioneira en toda a comarca.

O inicio efectivo do servizo producirase o vindeiro 1 de febreiro. Previamente, as persoas interesadas en facer uso del deberán adherirse a través da páxina web do Concello, do correo electrónico titesachave@ponteareas.gal ou chamando ao teléfono 986 64 00 00. As persoas inscritas recibirán de mans do persoal do Concello todo o material preciso, que consiste nun cubo aireado e en bolsas compostábeis para depositar neles a materia orgánica no fogar e nunha chave electrónica que permite a apertura dos colectores.

Para informar e implicar á poboación neste avance trascendental para Ponteareas na xestión dos seus residuos, o Concello instalará nas vindeiras semanas diferentes carpas itinerantes en rúas e prazas nas que a veciñanza tamén se poderá inscribir e recoller o material necesario.

O proxecto piloto está financiado polos fondos europeos NextGenerationEU ao 100% cun importe superior aos 50.000 euros. A recollida dos residuos do colector marrón será responsabilidade da actual concesionaria da recollida de lixo, FCC, e a materia orgánica será transportada e convertida en compost ou abono orgánico de calidade nas instalacións da empresa ponteareán Ecocelta. Até agora ese biorresiduo transportábase a SOGAMA para a súa incineración por un custo superior.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, afirmou que a posta en marcha deste servizo “é un feito histórico que marca un antes e un despois na xestión dos residuos.

Tratábase dunha materia pendente en Ponteareas e no resto do país, que agora nos equipara cos países da nosa contorna europea na xestión ambientalmente correcta dos residuos”. Rosa Covelo, pola súa banda, salientou as vantaxes do cambio de modelo: “convertemos ese residuo orgánico nun produto de valor e útil como é o abono orgánico, evitamos a súa incineración e contaminación atmosférica en SOGAMA contribuíndo a frear o cambio climático, logramos un aforro económico e apoiamos a economía local”. A concelleira de Medio Ambiente animou á veciñanza a inscribirse no proxecto “para seguir convertendo Ponteareas nun Concello exemplar na loita contra a emerxencia climática”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas