Ponteareas licita as obras de construcción da nova Escola Infantil

adminON
Lectura mínima de 1

• As empresas interesadas terán de prazo ata o 4 de setembro ás 14:00 horas

• O importe da licitación é de 1.059.766,40 euros

O Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de licitación das obras para a contratación da construción da nova escola infantil. As empresas interesadas terán de prazo ata o 4 de setembro ás 14:00 horas.

A nova escola infantil estará no parque Ferro Ucha e ofertará cen prazas de educación infantil de 0 a 3 anos de idade nun edificio que atenderá as necesidades actuais de accesibilidade, espazo e funcionalidade.

O importe da licitación é de 1.059.766,40 euros para unha nova escola infantil que se conectará coa súa contorna e disporá dun patio inmerso no parque. A alcaldesa, Nava Castro, adianta que as obras da nova escola infantil comezarán unha vez rematados todos os procesos administrativos para que sexa unha realidade no vindeiro ano 2025.  “Para este goberno é prioritario ofrecer servizos públicos de calidade e colocar as necesidades das persoas por diante de todo por este motivo axilizamos todo posible tanto a construción da nova escola infantil como a do novo centro de saúde”.

Comparte este artigo