Home Pontevedra O Condado Ponteareas pon banda sonora ao Día das Letras Galegas cunha nova edición...

Ponteareas pon banda sonora ao Día das Letras Galegas cunha nova edición da Gala da Lingua

- Anuncio -

Presentada por Isabel Risco, será este 17 de maio ás 19.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal e contará co recital de poesía e música de Nuria Vil e Saya DJ

O poeta Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, será o fío vertebrador da nova edición da Gala da Lingua de Ponteareas. Este martes 17 de maio, a sala multiúsos do auditorio municipal acollerá un acto conducido pola actriz Isabel Risco no que se porá música e poesía ás nosas letras grazas ao recital a cargo da poeta Nuria Vil e de Saya DJ.

Neste acto de homenaxe á lingua galega entregaranse ademais os premios ‘Ponteareas, Lingua e Empresa’ 2021, que recoñecen o labor de persoas e empresas que, día a día, achegan a lingua á veciñanza e que contribúen ao uso e normalización da lingua galega en todos os eidos da sociedade dende o sector empresarial. Os premios, que consistirán nunha escultura creada polo escultor ponteareán Silverio Rivas para estes galardóns, concédense nas categorías de longa traxectoria no uso da lingua galega, na de uso continuado e na de recente incorporación.

Será tamén dentro desta gala cando se entreguen os premios dos VII Xogos Florais, un certame literario co que se busca contribuír ao desenvolvemento da poesía local, “creando espazos de convivencia entre voces consolidadas e outras novas que están aparecendo con forza, difundindo a súa actividade creativa e permitíndolles ser escoitadas por toda a veciñanza”, como destaca o concelleiro de Lingua e Cultura, Fernando Groba.

O edil sinala que esta gala, xunto aos galardóns, “será a actividade e o acto central do día grande de Florencio Delgado, unha xornada na que o poeta sexa o gran protagonista e na que poidamos coñecer un pouco máis a este poeta singular que entendeu a importancia da poesía como ferramenta para salvagardar o patrimonio cultural e emocional de todo o pobo galego”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas