Home Pontevedra Barro O BNG de Barro emenda os orzamentos do Estado para que o...

O BNG de Barro emenda os orzamentos do Estado para que o Ministerio inclúa unha partida que permita a construción de dúas rotondas na N-550

- Anuncio -

A mellora da seguranza viaria é unha prioridade para o BNG

O BNG de Barro presentará da man de Néstor Rego, deputado nas cortes do Estado, unha
emenda aos orzamentos xerais do Estado para que o Ministerio inclúa unha partida de
1.500.000 euros que permita eliminar dous puntos negros da N-550 ao seu paso por Barro.
As melloras da seguranza viaria tanto para peóns como para vehículos son unha prioridade
para o BNG en Barro e así se demostra con todas as actuacións de mellora de vías municipais que se levan a cabo desde o Goberno municipal.

A N-550, de titulariedade estatal, é unha das principais estradas galegas e no seu paso polo
concello de Barro ten dous puntos moi conflitivos que a diario causan transtornos e que cómpre solucionar canto antes para evitar máis accidentes.

Con esta emenda o BNG solicita que se constrúa no ano 2022 unha rotonda no cruzamento da N-550 coa estrada EP-0506, que une A Portela con Curro, pois a escasa visibilidade dese punto ten como consecuencia que sexa un cruzamento moi perigoso e que cómpre solucionar urxentemente.

O outro punto no que o BNG solicita a construción dunha rotonda é en Porráns, no cruzamento da N-550 coa estrada da Xunta EP-0501 e cunha vía municipal.

Este é outro punto conflitivo no que se ven implicados a diario milleiros de vehículos e no que se fai necesario que o Ministerio actúe de forma decidida, xa que hai uns anos que se instalou un sistema de cruzamento intelixente que foi todo un fracaso, polo que sigue sendo un cruzamento moi perigoso

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas