Home Pontevedra A Lama Máis de 80 colectivos sociais e veciñais de Ponte Caldelas, Fornelos de...

Máis de 80 colectivos sociais e veciñais de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, A Lama e Soutomaior unen a súa voz en contra da construción dun encoro no Oitavén e o travasamento do Verdugo

- Anuncio -

Grupos Ecoloxistas, Comunidades de Montes, Asociacións de Veciños, Traídas de Auga, organizacións culturais, Sociedades de Caza e Pesca e Mulleres Rurais dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, A Lama e Soutomaior manifestan o seu rexeitamento a esta proposta.

A Plataforma Veciñal celebrará este sábado 7 de maio ás 17 horas no Centro Sociocultural de Forzáns unha asemblea aberta para “constituirse en ferramenta de loita e concienciación cidadá contra as agresións aos ríos Verdugo e Oitavén”.

Máis de 80 colectivos ecoloxistas, Comunidades de Montes, Asociacións de Veciños, Traídas de Auga, organizacións culturais, Sociedades de Caza e Pesca, Mulleres Rurais e afectados de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, A Lama e Soutomaior uniron as súas voces para manifestar o seu rexeitamento á construción dun encoro no río Oitavén e contra o trasvasamento de auga desde o río Verdugo, tal e como propón un estudio encargado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e polo que aposta o Concello de Vigo.

Esta oposición veciñal constituirase en “ferramenta de loita e concienciación cidadá contra as agresión aos ríos Verdugo e Oitavén” a través dunha asemblea aberta que terá lugar este sábado 7 de maio, a partir das 17 horas, no Centro Sociocultural de Forzáns.

Entre os colectivos que se amosaron xa en contra do encoro no río Oitavén e o trasvasamento no Verdugo figuran máis de 30 comunidades de montes, 14 asociacións de veciños, 12 comunidades de augas, 10 asociacións culturais, 5 asociacións de Mulleres Rurais, 5 sociedades de caza, varios colectivos ecoloxistas, entre eles, A Rente do Chan-Pladever, e a Asociación Mariana Luso Galaica.

A asemblea aberta dotarase de elementos de autoorganización e comisións de traballo para opoñerse a esta proposta que atenta contra o medio ambiente, desde a elaboración de estudios técnicos que avalen a imposibilidade de acometer o encoro e o trasvasamento así como a elaboración de informes xurídicos, actividades de concienciación veciñal, mobilizacións, accións de conservación da flora e da fauna, etc.

Tamén está previsto que se refrende un manifesto que recolle en profundidade as consecuencias negativas que tería a implantación desta proposta para os ríos Verdugo e Oitavén e para toda a veciñanza da comarca e tamén se proporán medidas paliativas para unha mellor xestión da auga e a protección dos recursos hídricos e marisqueiros.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas