Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Condado Preto de 300 alumnos e alumnas e os veciños e veciñas de...

Preto de 300 alumnos e alumnas e os veciños e veciñas de Ponteareas recibiron leccións de RCP Básica con motivo do Día Internacional da Parada Cardíaca

- Anuncio -

• A xornada contou coa asistencia de preto de 300 alumnos e alumnas de sete centros educativos de Ponteareas, ademais dos veciños e veciñas


• O obxectivo desta xornada é sensibilizar á poboación sobre a importancia do inicio inmediato das manobras de resucitación ante unha posible situación de parada cardíaca

A xornada “As túas mans salvan vidas” celebrada con motivo do Día Internacional da Parada Cardíaca foi todo un éxito.

Por esta actividade, organizada polo Concello de Ponteareas en colaboración con TesGalicia e coa contribución da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo (Centro de Saúde de Ponteareas), Cruz Vermella, Protección Civil, 061, Policía Local e Bombeiros de Ponteareas, pasaron ao longo da mañá preto de 300 alumnos e alumnas do CEIP Fermín Bouza Brey, Mestre Ramiro Sabell, Santiago de Oliveira, Feliciano Barrera de Guláns, As Veigas, Santiago Apóstol e La Inmaculada.

E non só iso, se non que pola tarde a xornada abriuse ao público xeral e foron os veciños e veciñas de Ponteareas os que se achegaron ata a Nave Aceros do Tea para recibir a formación para realizar correctamente unha RCP, pero tamén a conduta PAS, como atender un atragoamento, como usar un desfibrilador ou a poñer en posición lateral de seguridade a unha persoa inconsciente que respira. Manobras, todas elas, fundamentais para poder salvar vidas.

Nesta actividade transversal na que colaboraron as concellerías de Saúde, Ensino e Seguridade, a cidadanía en xeral adquiriu habilidades e coñecementos que axudan a salvar vidas pero tamén a crear comunidades máis seguras e saudables. “Trátase de adestrar á poboación na cadea de supervivencia, para axilizar intervencións e poder iniciar manobras de reanimación nos primeiros minutos tras unha parada presenciada”, explicou Raquel Plana, concelleira de Saúde. Pola súa banda Ricardo González adiantou que con estas iniciativas a comunidade educativa desenvolve recursos interpersonais como a confianza, manter a calma en emerxencias ou actuar con amabilidade para axudar e aportar seguridade.

Juan Carlos agradece a colaboración e presenza do xefe do Servizo de Emerxencias Miguel Ángel Pérez Dubois; dos Bombeiros de Ponteareas, Policía Local e Protección Civil. Durante a xornada estivo presente tamén o subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía da área sanitaria de Vigo, Francisco Jesús Represas Carrera; e a concelleira de Infraestruturas Xerais, Raquel Bautista.

O Concello, da man de TesGalicia, organizou esta xornada co obxectivo de sensibilizar a toda a poboación sobre a importancia do inicio inmediato das manobras de resucitación ante unha posible situación de parada cardíaca.

Ocupando a gran parte do espazo da Nave Aceros do Tea, Cruz Vermella, bombeiros, policías, protección civil e o 061 despregaron gran parte dos seus medios para ensinarlle a todos como funciona cada unha destas entidades e cales son as ferramentas e medios cos que traballan.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

Publicacións Relacionadas