HomePontevedraO SalnésRafa Domínguez inaugura o I Encontro Talento en Red da Cámara de...

Rafa Domínguez inaugura o I Encontro Talento en Red da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este martes na Sede Afundación de Pontevedra na inauguración do primeiro encontro Talento en Red, organizado pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Unha xornada na que se reuniron as autoridades de Galicia, mancomunidades, orientadores laborais e Axencias de Desenvolvemento Local dos diferentes municipios para debater e optimizar recursos de cara a mellorar a empregabilidade, a formación e a inserción laboral na área de influencia da Cámara.

Domínguez felicitou á Cámara de Comercio por poñer en marcha unha iniciativa “que nace coa vontade de sumar, de conectar e de construír, que non só pon en valor o que somos, senón tamén o que podemos chegar a ser se traballamos xuntos, con visión, ambición e confianza”. Ademais, quixo mostrar o apoio da Deputación ao talento e á innovación como motor do crecemento económico da provincia. “Temos en marcha Programas como SmartPeme+ ou os viveiros de empresas, exemplos claros do noso compromiso co talento local e a creación de novas oportunidades”, lembrou.

Publicacións Relacionadas