HomeDeputaciónsDeputación PontevedraRafa Domínguez sinala o compromiso da Deputación co emprendemento na presentación da...

Rafa Domínguez sinala o compromiso da Deputación co emprendemento na presentación da XII Pont-Up Store

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, sinalou este martes o “compromiso” da institución provincial co emprendemento na presentación da XII Pont-Up Store, que volve á cidade de Pontevedra, na Praza de España, os días 19 e 20 de setembro. Domínguez sinalou que “unha administración pública non ten nada máis importante que facer que axudar a garantir o futuro da nosa provincia e o porvir económico da nosa cidadanía”, protexendo “os nosos pequenos e medianos comercios e os nosos proxectos innovadores, porque son os que crean postos de emprego de calidade e os que facilitan que a riqueza que se xera na provincia quede na provincia”.

O vicepresidente provincial asegurou que “para a Deputación é un orgullo formar parte dunha iniciativa de apoio ao emprendemento e incremento da cultura emprendedora”. Neste sentido, Rafa Domínguez puxo en valor que a Pont-Up Store “constitúe un enorme escaparate para poñer en valor os proxectos empresariais innovadores, para que o público entre en contacto con eles, probe e merque os seus produtos e servizos”. Por iso, animou as persoas emprendedoras que se inscriban de balde “e facer que este evento se volva, se cabe, un pouco máis grande”.

Publicacións Relacionadas