Home Pontevedra Redondela, capital galega do balonmán esta fin de semana

Redondela, capital galega do balonmán esta fin de semana

- Anuncio -

Os pavillóns municipais de Redondela e a Marisma acollen esta fin de semana encontros de balonmán ao máis alto nivel. Desde o venres e ata o domingo disputaranse o sector nacional na categoría cadete feminino, a Final 4 Alevín 7 e as finais sénior da Copa Federación.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, participaron este mediodía na presentación das actividades xunto a Nazario Correa, da empresa patrocinadora Rodavigo, Aurelio Krook, presidente da SAR, e Carla Abad, Vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán. Rivas salientou “o orgullo que supón que Redondela sexa a capital galega do balonmán esta fin de semana”, e agradeceu á Federación ter apostado por esta vila para facelo posible. A alcaldesa eloxiou o traballo da SAR, “tanto cos equipos sénior como especialmente coa base” así como o apoio de Rodavigo “comprometido sempre co deporte local”.

A competición comezará mañá venres ás 18:30 horas no pavillón municipal, coñecido como a Bomboneira, co arranque do sector nacional cadete feminino. O Balonmano Sanse (Madrid) enfrontarase ao Caivel Aula Cultural (Valladolid), e ás 20:30 horas as locais da SAR Rodavigo mediranse ao EDM Aceuchal (Extremadura).

O sábado durante toda a mañá e nos dous pavillóns celebrarase a Final 4 Alevín 7, que se dividirá nas categorías Ouro e Prata. Na categoría Ouro, os equipos BM Culleredo Ascor Consulting, Áreas Psicoloxía Luceros, Valinox Novás A e BM Abegondo Súmate competirán polo título. Mentres tanto, na categoría Prata, os equipos Balonmán Porriño “B”, Balonmán Porriño “A”, Cisne Óptica Miramaruxa e Academia EIS Balonmán Tui loitarán por levar o trofeo.

Pola tarde, o Pavillón Municipal da Marisma será o escenario das finais sénior da Copa Federación. Ás 16:00 horas a final de 2ª Autonómica Masculina enfrontará aos equipos BM Línea21 Lignum Plus e Club Balonmán Miño. Ás 18:00 horas, a final de Autonómica Feminina verá competir ao A.D. Carballal contra o Balonmán Reconquista de Vigo.

A xornada de sábado concluirá coa final de 1ª Autonómica Masculina, que se celebrará no pavillón municipal da Bomboneira ás 20:00 horas, unha vez rematada a segunda xornada do sector estatal cadete feminino. Neste enfrontamento, a SAR OP Mobility medirase ao Magope – Seis do Nadal.

O domingo ás 12:00 horas na Bomboneira, a SAR Rodavigo enfrontarase ao equipo vallisoletano Caivel Aula Cultural para poñer fin ao sector estatal no que os catro equipos loitarán por clasificarse para o Top 8 nacional.

Relacionadas

Os Concellos de Mondariz Balneario, Mondariz e Pazos de Borbén reciben unha subvención para...

0
O Concellos de Mondariz Balneario, Mondariz e Pazos de Borbén obtiveron de una subvención de 7.630,00 € destinada a redacción de proxectos de planificación...

A Xunta convoca oito cursos de formación especializada que se celebrarán no Corazón da...

0
A Fundación Artesanía de Galicia organiza cursos centrados na cestería, na olería tradicional de Buño, na tapicería, no bordado ou no debuxo e mais...

Xosé Ramón Iglesias Veiga, I Premio Antonio Placios de Honor

0
O Porriño recoñece así a traxectoria do escritor, historiador e mestre que deixou unha enorme pegada no Porriño O Concello do Porriño destacará con estes...

O concello de Nigrán e o Centro de Saúde Val Miñor ofrecen o xoves...

0
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Saúde Val Miñor, ofrece este xoves 13 de xuño ás 17:00 horas no Auditorio Municipal...

A Xunta participa na simulación dun incencio Nivel 2 en varios concellos das provincias...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior e o director xeral de Defensa do Monte participaron xunto cos delegados territoriais da Xunta na Coruña...

Comezan os traballos de roza nos camiños municipais de Cesantes e Chapela

0
- A empresa adxudicataria do contrato, Naturgalia, comezou a pasada semana os traballos de roza e limpeza en Cesantes. Mañá martes comezarán a limpeza...

Publicacións Relacionadas