Redondela celebra o XL Mundialito da Xunqueira de categorías inferiores

adminON
Lectura mínima de 1

Xa está aberta a inscrición para o XL Mundialito da Xunqueira que organizan a concellería de Deportes do Concello de Redondela e o Club Redondela FS. O prazo de inscrición para este torneo de fútbol sala remata o 20 de xullo. Os partidos disputaranse do 26 de xullo ata o 17 de agosto nas categorías Infantil, Alevín, Prebenxamín, Biberón e Chupete. O concelleiro de Deportes, Iván Valles, anima a clubs e afeccionados “a participar nesta histórica cita deportiva e agradece “o gran traballo do Redondela FS na organización deste evento”. Valles confía en que o Mundialito sexa un ano máis “todo un éxito de participación, superando os 500 nenos e nenas como en edicións anteriores”. O edil de deportes sinala que este torneo “vai máis máis aló do deportivo, que xa é todo un referente nas actividades de verán na vila”. No Mundialito non só participan nenos e nenas que practican habitualmente fútbol sala, senón tamén “moita rapaza de clubs doutras disciplinas como atletismo ou balonmán”.
Máis información e inscricións nos teléfonos 636 714 160 e 600 988 491, no enderezo electrónico redondelaFS@gmail.com e nas redes sociais do Redondela FS.

Comparte este artigo