– O evento celebrarase mañá domingo ás 11:00 horas cunha homenaxe á escritora E xornalista Begoña Caamaño. Alumnado do IES Mendiño protagonizará o acto cunha dramatización de textos da autora.
O Concello de Redondela convida a toda a veciñanza a participar no acto institucional do Día das Letras Galegas, que terá lugar mañá domingo, 17 de maio, ás 11:00 horas na Alameda Castelao. O evento renderá homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño e porá en valor o compromiso do municipio co idioma.
Alumnado do IES Mendiño realizarán unha dramatización de textos de Caamaño baseados nas obras Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que Redondela celebra as Letras Galegas “todos os días do ano”, co firme compromiso do Concello coa lingua e a cultura do país. “A lingua galega é un elemento de unión, e Redondela foi, é e será sempre un referente na normalización e posta en valor do noso idioma”.

