Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Redondela homenaxea a Luisa Villalta con contacontos, música e monicreques

Redondela homenaxea a Luisa Villalta con contacontos, música e monicreques

- Anuncio -

A programación do Concello de Redondela co gallo do Día das Letras Galegas comezou hai xa un mes cos contacontos ilustrados sobre Luísa Villalta. As escolas do municipio están a recibir a visita de Polo Correo do Vento “para que os máis pequenos poidan coñecer un chisco á autora homenaxeada este ano dun xeito lúdico a través de contos e debuxos”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Por outra banda o Servizo de Normalización Lingüística repite a experiencia de “Unha semaniña enteira” que tanto éxito tivo nos institutos o pasado mes de abril. Desta volta, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, serán os colexios de primaria os que participen esta iniciativa que anima á rapazada a falar galego as 24 horas, os setes días da semana. A iniciativa comezou onte luns nos centros de Cedeira, Porto Cabeiro, Outeiro das Penas, Reboreda e Alexandre Bóveda. En total son arredor dun milleiro de alumnos e alumnas os que participan no reto. Como na anterior ocasión, desde o Servizo de Normalización Lingüística piden “ a colaboración de toda a comunidade educativa e dos distintos sectores sociais para acompañalos no uso do galego”, lembra Rivas, quen como responsable do departamento salienta que en Redondela “gústanos o galego, e gústanos todos os días do ano”.

O acto institucional co gallo das Letras Galegas será o propio venres, día 17, e contará coa participación de varias alumnas dos colexios de Cedeira, Reboreda e Porto Cabeiro, que será as encargadas de ler textos sobre a figura e obra de Luísa Villalta. Realizarase a tradicional ofrenda floral na estatua de Castelao, e interpretaranse pezas musicais de violín para homenaxear á que fora violinista, escritora e mestra. O acto comezará ás 11.00 horas na Alameda Castelao.

A programación cultural do venres, centrada no Festival Internacional de Títeres, ofrece unha xornada completa de actividades e monicreques en galego. O multiinstrumentista Pulpiño Viascón ofrecerá o concerto “Dallecopé” ás 12.00 e ás 13.30 horas os soportais do Cocnello. A compañía Trécola Porducións porá en escena a obra “Coa música a outra parte” un espectáculo don monicreques de luva na que mesturan diversión e provocación. Será ás 12.30 na Praza da Casa da Torre. Pola tarde haberá unha dobre cita, ás 19.00 horas. Os redondeláns Tanxarita Títeres presentarán a obra “Titiricircus” no Salgueiral, e Teatro  ó Cubo propón a peza “De Vilatriste a Vilalegre” na praza do Concello.

A rexedora salienta que Redondela destaca pola súa programación cultural e galega “ao longo de todo o ano”, cunha ampla oferta de teatro, concertos e cine en galego. De feito o próximo mes de xuño proxectarase a multipremiada longametraxe “As bestas” o día 15 e o documental “Os días afogados” o 22. Nos dous casos ás 20.30 no auditorio da Xunqueira.

XXV Aniversario do Concurso Literario “Da Reboraina”

Co gallo da 25ª edición do concurso literario “Da Reboraina”, que organiza o CEIP Reboreda, o Concello de Redondela edita un libro conmemorativo coas obras premiadas nestes 25 anos. A presentación farase na véspera das Letras Galegas, o xoves día 16, no propio centro escolar. Desde o SNL explican que este libro é unha edición facsímile “que reproduce os textos orixinais, coa caligrafía dos nenos e nenas que son os protagonistas deste concurso literario”.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas