Redondela pecha o ciclo de cine en galego co co documental “Os días afogados”

adminON
Lectura mínima de 1

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela pecha esta fin de semana o ciclo de cine en galego, no que se proxectaron ao longo dos meses de maio e xuño as longametraxes “O corno”, “Sica” e “As bestas”.

A última das propostas poderá verse este sábado, 22 de xuño, ás 20.30 horas no auditorio da Xunqueira. Trátase do documental “Os días afogados”, de César Souto Vilanova e Luís Avilés. O traballo recolle a construción do encoro de Lindoso (Portugal), que en 1992 alagou para sempre as aldeas ourensás de Aceredo e Buscalque. Os seus habitantes nada puideron facer para salvar as súas terras nin os seus fogares. Sabendo que todo estaba a piques de perderse, varios veciños colleron as súas cámaras domésticas e comezaron a gravar. As súas imaxes, gravadas desde mediados dos anos 60, constitúen un valioso documento histórico e etnográfico, filtrado pola subxectividade e as vivencias familiares.

As entradas están xa á venda no Multiúsos da Xunqueira a un prezo de 2 euros.

Comparte este artigo