Home Pontevedra O Salnés Remata o curso de expendedor de combustible que COGAMI impartiu en Vilanova...

Remata o curso de expendedor de combustible que COGAMI impartiu en Vilanova de Arousa

- Anuncio -

Esta formación está englobada dentro do programa Máis Emprego que cofinancian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo.

Quedou clausurado o curso de Expendedor de combustible e Manipulador de Alimentos que impartiu COGAMI no concello de Vilanova de Arousa a 8 persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para a profesión habitual procedentes dos concellos de Pontecesures, Vilanova, O Grove, Meaño, Cambados e Vilagarcía.

Esta formación está incluída dentro do programa Máis Emprego que cofinancian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, a través do que se pretende capacitar ás persoas e orientalas ao mercado laboral, para que consigan tanto a súa primeira inserción como tamén a oportunidade de reciclarse laboralmente.

Este curso contou cunha duración de 100 horas lectivas que estiveron repartidas en 30 horas de clases teóricas e 70 horas de clases prácticas en empresas situadas nas zonas de residencia habitual do alumnado, co fin de facilitarlle o contacto co tecido empresarial da zona durante o proceso de busca de emprego para a súa pronta inserción laboral.

Unha das persoas participantes nesta formación logrou a inserción nunha estación de servizo da zona tras finalizar as súas prácticas laborais e o resto contou cunhas boas cualificacións tralo seu paso polos centros de traballo.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas