Rematadas as obras de “Urbanización do camiño da Bouza”

adminON
Lectura mínima de 3
  • O importe das obras ascenderon a  199.466,87 € (IVE  do 21% incluído que ascende a 34.618,22 €) é estiveron subvencionadas pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Provincial de obras e servizos.
  • O goberno de Arbo fixo  un Plan de obras e mantemento a sú chegada ao Consistorio, que se puxo en marcha de maneira inmediata, para embelecer o municipio antes. Dentro de ese plan atopase a mellora das rúas que discorren polo casco urbano.

O Concello de Arbo, da por rematadas as obras de Urbanización do camiño da Bouza, cun investimento de 199.466,87 euros.

As obras desenvolvéronse no camiño da Bouza na parroquia de Arbo, no núcleo urbano do municipio, donde existía un camiño de escasa anchura, con estreitamentos e as redes de servizos existentes atópanse en mal estado debido á súa antigüidade e coa presenza de postes da luz e telefono ao longo de todo o vial que impedían a boa circulación dos vehículos.

Entre as actuación, realizaronse o despexe e roza do terreo na zona de apertura da plataforma da rúa, o retranqueo dos muros para ampliación do vial e rematouse cunha plataforma única empregandose dous tipos de pavimento.

Dada a amplía superficie do concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren  completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado – afirma o alcalde de Arbo, Horacio Gil

Para a financiación dos traballos o Concello contou  coa concesión dunha subvención no marco do  Plan Provincial de obras e servizos da Deputación de Pontevedra con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra “URBANIZACIÓN CAMIÑO DA BOUZA”.

O goberno arbense,  pretende seguir mellorarando a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos.

Coas tarefas executadas non só se mellorou a circulación e o paso de vehiculos, senon que ademáis renovou a imaxe do barrio.  

Comparte este artigo