O Concello de Redondela comunica á veciñanza e aos usuarios da praia de Arealonga, en Chapela, a retirada das restricións de baño impostas nos últimos días. As últimas analíticas, realizadas o día 21 de xullo, confirman que a calidade da auga cumpre escrupulosamente con todos os parámetros sanitarios esixidos pola normativa legal. A praia reábrese ao uso lúdico con total seguridade xa que os estudos amosan valores óptimos. O problema puntual de contaminación microbiolóxica quedou resolto. O Goberno local agradece a responsabilidade e colaboración de toda a cidadanía durante este episodio. A prioridade absoluta do Concello foi, en todo momento, garantir a saúde pública e protexer o noso medio natural costeiro.

