Home O Morrazo Marín Reunión cos furancheiros de cara ao arranque da tempada en febreiro

Reunión cos furancheiros de cara ao arranque da tempada en febreiro

- Anuncio -

Poderán vender os seus excedentes entre o 1 do próximo mes e o 30 de xuño, tendo en conta que só poden ter actividade por un máximo de tres meses.

A nosa terra dá unha materia prima excelente para comer e beber da casa. Iso ben o saben os pequenos productores dos municipios galegos, que cando venden os seus excedentes, non hai quen se resista a degustalos.
Esa é a filosofía dos furanchos, unha cultura que está moi viva en Marín. O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, reuniuse esta mañá coas persoas que abren este tipo de establecementos na nosa vila para encarar a nova tempada.
Na vila, os furanchos poderán abrir do 1 de febreiro ao 30 de xuño, “tendo en conta que cada un non poderá exceder máis de 3 meses aberto para vender os seus excedentes de viño”, recordou Novas. Ademais, o concelleiro lembrou durante a reunión que no caso de que algún aínda teña excedentes pasado o prazo da tempada, poderáselle conceder unha prórroga ata o mes de xullo.
Está previsto que abran os mesmos furanchos ca o ano pasado “e igual tamén algún máis”. Na reunión “quixemos repasar ben a normativa para que se cumpra de xeito escrupuloso e se siga conservando a identidade destes locais, revisando a ordenanza e as tapas que se poden poñer en venta”.
Agora, aqueles furanchos que así o queiran terán que solicitar a licenza ao Concello, que será o encargado de darlle luz verde e que así poidan abrir a súa actividade ao público.

Relacionadas

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade...

0
O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola...

Arranca o 5º Ciclo de Cine de Inverno en Salvaterra de Miño

0
Dende a Concellería de Cultura preséntase a 5ª edición do Ciclo Cine de Inverno que se celebrará durante o vindeiro mes en Salvaterra de...

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento...

0
O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público dende o mércores 22...

Unha exposición como preámbulo da VIII Mostra Camelias e Mar, que chega ao Museo...

0
Cristina Barreiro e Rosa Crespo abren a exposición “Arte e Camelias”, que se poderá visitar no Museo para abrir boca de cara á gran...

Trasmañó festexa o seu patrón San Vicente con tres días de celebración e a...

0
A parroquia de Trasmañó celebra esta semana a festa patronal, gastronómica e cultural do seu patrón San Vicente. A alcaldesa, Digna Rivas, e a...

Os Feroz reúnen esta fin de semana en Pontevedra ás estrelas do cinema e...

0
Pedro Almodóvar, Najwa Nimri, Candela Peña, Carmen Machi, Anna Castillo, Eduard Fernández, María Léon e Patricia López Arnaiz, entre outros, gozarán dunha gala divertida...

Publicacións Relacionadas