Home Pontevedra O Salnés Rueda comeza en Vilagarcía unha campaña “próxima” para dar voz aos afiliados...

Rueda comeza en Vilagarcía unha campaña “próxima” para dar voz aos afiliados do PP

- Anuncio -

• A reunión celebrouse no xardín dun dos compromisarios do partido na cidade.


• “Se escoitamos o que nos din en cada concello, acertaremos”, destaca.

O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, iniciou onte pola noite en Vilagarcía de Arousa a campaña electoral interna de cara ao congreso provincial que se celebra o 18 de setembro en Pontevedra. Foi na casa dun dos 17 compromisarios que representarán aos afiliados de Vilagarcía no cónclave, nun acto “moi próximo, adaptado aos novos tempos de pandemia e de facer política, e na que queremos dar voz aos afiliados do partido”, explica Rueda, que destaca que “o obxectivo é que os asistentes poidan falar, escoitarnos e así dar protagonismo a esa maioría silenciosa, da que pouco se fala pero que é a base sólida deste partido”.

Durante a reunión, Rueda destacou que “se escoitamos o que nos din en cada concello, acertaremos. Este é o momento de ser máis sensibles que nunca cos problemas e necesidades da cidadanía, e por iso é máis relevante aínda o municipalismo e a política local, a política máis próxima”. Estableceu que os dous piares de traballo durante os últimos cinco anos foron a unidade e a renovación do PP provincial. Así, recordou que nun mandato marcado polas numerosas citas electorais e pola pandemia sanitaria, se celebraron 22 congresos na provincia, incluídas as tres cidades. Pero, ademais, o PP de Pontevedra, que ten o maior número de afiliados de todas as provincias galegas con 30.000 persoas, sumou nos últimos cinco anos preto de 1.500 novas persoas, “unha cifra moi meritoria porque, ademais, na súa maioría son xente moza”.

Por último, o candidato ofrece experiencia, traballo e unidade para seguir liderando o partido, pero tamén “a mesma ilusión que o primeiro día para traballar pola provincia e polo partido. É fundamental para estar ao carón das 61 agrupacións locais e dos seus afiliados”.
A campaña interna de Rueda seguirá durante esta semana por diferentes puntos da provincia e mantendo o mesmo formato na súa maioría, reunións nos fogares de afiliados para reunirse cos participantes e compromisarios que van participar no Congreso.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas