Home Pontevedra Caldas Rueda pon en valor o traballo do PP de Catoira, “pegado ás...

Rueda pon en valor o traballo do PP de Catoira, “pegado ás necesidades da cidadanía”

- Anuncio -

• Mantivo unha reunión coa xunta local, para analizar os retos que teñen por diante cara as municipais do ano próximo.

• Amosaron a súa preocupación pola aumento do prezo da aumento do prezo dos combustibles, da luz e do gas.

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, e o secretario xeral do partido, Luis López, mantiveron esta semana unha reunión de traballo con concelleiros e afiliados do Partido Popular de Catoira, coa vista posta nas eleccións municipais que se celebran o ano próximo. Rueda puxo en valor o traballo de toda a xunta local, “un bo equipo, organizado, que contaxia ilusión”, así como do voceiro local, Iván Caamaño, “sempre pegado ás necesidades e prioridades da cidadanía”.

Un traballo, que segundo o popular, “está sendo recoñecido” tamén polos veciños de Catoira. Por iso, pediu á xunta local, aos concelleiros pero tamén a todas as persoas que traballan con eles, que sigan na rúa, escoitando ás persoas. “Cando se está próximo á cidadanía, escoitando o que necesitan e atendendo as súas inquedanzas e preocupacións, é máis fácil acertar”, engadiu.

Durante a reunión, os asistentes amosaron a súa preocupación pola situación das economías domésticas e a perda de competitividade das empresas, provocada polo aumento do prezo dos combustibles, da luz e do gas. Rueda explicou que Pedro Sánchez debe tomar unha decisión urxente, porque quen ten a capacidade de tomar decisións económicas e estruturais é o Goberno central. Nesta liña, subliñou que o PP, e tamén o Goberno galego, están reclamando que baixen con urxencia os impostos da luz, do gas e dos carburantes que están asfixiando ás familias, ás empresas e aos transportistas. “Non é o momento de atrasar decisións que son fundamentais e urxentes, debe tomalas xa. Os cidadáns non poden esperar ata final de mes”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas