Home O Salnés Cambados Sabela Fole: “Nestes oito anos de decadencia, Cambados perdeu a forza e...

Sabela Fole: “Nestes oito anos de decadencia, Cambados perdeu a forza e o brillo que tiña”

- Anuncio -

• A candidata do PP á alcaldía de Cambados, Sabela Fole, sinala que “Cambados necesita dinamizar o turismo, o comercio, mellorar a súa posición nos sectores vitivinícolas e mar-industria… Cambados era un referente na comarca do Salnés, pero hoxe está todo moi descoidado. Nestes oito anos de decadencia nos que non se fixo nada, Cambados perdeu a forza e o brillo que tiña”.

• Moi involucrada profesionalmente en materia de igualdade, afirma que reivindica a igualdade desde o seu traballo cada día “dando apoio a todas as vítimas e a todas as mulleres. A igualdade ten que ser real e efectiva. Temos que ter especial conciencia de todo o que estamos vivindo. A violencia de xénero é moi preocupante e grave. Todos os días podemos velo, unha situación que se viu agravada pola recente lei que aprobou o Goberno do Só si é si, que tantos quebradeiros de cabeza nos está dando”.

• Defende que “a defensa da muller non é só de palabra, é con traballo, no día a día, é empoderándonos desde a nosa posición, sendo conscientes da nosa realidade”.

• Avogada de profesión, recoñece que estes coñecementos “simplifícame comprender a vida política, os trámites e os expedientes administrativos dun concello como Cambados, que non é pequeno”.

• A nivel persoal, defínese como unha persoa empática, próxima, traballadora, responsable e moi disfrutona: “Gústame pasar tempo coa familia, cos amigos… Pasear e estar moito na rúa, en contacto coa xente”. Prefire os libros á televisión, e o título que está lendo actualmente é Miss Marte, de Manuel Jabois.

• Do seu concello, gústalle “absolutamente todo”, desde Fefiñáns, ata as ruínas de Santa Mariña, pasando polas Torres de San Sadurniño, as mariscadoras, a gastronomía… “non podo dicir máis que todo en Cambados é estupendo”.

• Tamén destaca a importancia e recoñecemento do Albariño. “O que o fai especial é o cariño co que é cultivado e tratado, por todo un sector vitivinícola que é moi importante, e que as parras están ao carón do mar. Iso é o tremendamente especial”.

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

• O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia.

• A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas