Salvaterra presenta as primeiras actividades con motivo do Día do Libro

adminON
Lectura mínima de 1

Os días 18, 19, 25 e 26 de abril contaremos cunha Biblioteca Viaxeira, unha actividade que poderán desfrutar nas parroquias de Alxén, Fornelos, Leirado e Salvaterra.
O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro e con motivo desta data o Concello de Salvaterra de Miño presenta as actividades que se desenvolverán durante o mes de abril.
Os primeiros actos previstos para celebrar esta data terán lugar nas parroquias de Fornelos, Alxén, Leirado e en Salvaterra. Trátase dunha “Biblioteca Viaxeira”, un obradoiro con diferentes actividades para @s máis pequen@s de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos.
Un conto interactivo, unha representación teatralizada dun conto tradicional e a recomendación dos libros adaptados a súa idade formarán parte da actividade realizada.
A Biblioteca Viaxeira terá lugar o 18 de abril no Centro Cultural de Alxén, o 19 de abril no Centro Cultural de Fornelos, o 25 de abril na Casa do Maior en Leirado (espazo da biblioteca) e o 26 de abril na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño. As actividades todas gratuítas comezarán ás 18:00 horas.

Comparte este artigo