HomeVigoBaionaSolpor na Muralla 2025

Solpor na Muralla 2025

- Anuncio -spot_img

Este sábado, 31 de maio, celebrarase no parque da Palma o evento musical “SOLPOR NA MURALLA”, que dará comezo a partir das 22:00 H. da tarde.

Nesta ocasión, teremos unha sesión musical ao cargo do Grupo “Las Vegas Galicia”, composto por integrantes do Val Miñor que dan comezo á súa andanza musical en Baiona esta fin de semana.

O concerto, que realizase no seu camión orquestra, tráenos música de todos os estilos, desde a música habitual nas verbenas como cumbias e pasodobres, pasando por rock, pop e mesmo reguetón con temas de actualidade.

Desde o Concello de Baiona convidamos a todos os veciños e visitantes a gozar da música con este evento co que se dá comezo á multitude de concertos estivais que se van a celebrar este verán na nosa vila.

Publicacións Relacionadas