HomePontevedraSoutomaior acollerá o 10 de maio a súa segunda GLADIATOR KIDS RACE

Soutomaior acollerá o 10 de maio a súa segunda GLADIATOR KIDS RACE

- Anuncio -spot_img
  • A proba deportiva terá lugar o vindeiro 10 de maio e ás inscricións, son de balde, abriranse ás 17:00 desta tarde.
  • Como novidade nesta edición proponse unha carreira para os mais maiores , de 12 a 16 anos, na que competirán por equipos mixtos formados por grupos de 5 a 7 compoñentes.
  • Este ano a Gladiators Kids ten un motivo aínda mais especial e é que será unha carreira solidaria en beneficio de Bicos de papel, a asociación que apoia a nenos e nenas oncolóxicos do CHUVI e a súas familias.

O concello de Soutomaior acollerá o vindeiro 10 de maio a súa segunda Gladiator Kids Race, unha modalidade de carreira de obstáculos para que os máis pequenos e pequenas do noso concello desfruten practicando deporte ao tempo que viven unha auténtica aventura.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a técnica deportiva municipal, Raquel Villaverde, presentaron hoxe esta segunda Gladiator Kids Race. O evento terá lugar o día 10 de maio no Peirao de Arcade a partir das 16:30 horas. Poderá participar calquera menor que teña entre 3 e 16 anos,  as nenos e nenas de 3 a 11 anos deberán ir acompañado ou acompañada por unha persoa adulta durante o transcurso da proba deportiva. Como novidade nesta edición proponse unha carreira para os mais maiores  as mozas e mozos de 12 a 16 anos na que competirán por equipos mixtos formados por grupos de 5 a 7 compoñentes. En total hai 400  prazas (sen contar as persoas adultas acompañantes) e as inscricións, que son totalmente gratuítas, xa están abertas dende as 17:00h. desta tarde en https://www.deporticket.com/web-evento/11329-gladiator-kids-soutomaior

Tal e como se explica no regulamento da carreira, haberá dúas categorías: de 3 a 5 anos, cun percorrido de 500 metros; e de 6 a 11 anos, cun percorrido de 900 metros e de 12 a 16 anos cun percorrido de 200 metros. Só as crianzas superarán os obstáculos, mentres que a persoa adulta acompañante encargarase de dar apoio.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “é un orgullo que volva a Soutomaior que un evento tan importante como a Gladiator Kids Race. Un evento, onde un ano máis, conseguimos dar un paso máis alá e convertémonos nun expoñente do deporte ao nivel nacional”.

Manu Lourenzo dixo estar seguro de que “os pequenos e as pequenas que participen na Soutomaior Gladiator Kids Race volverán a desfrutar este ano dunha tarde incrible, nun espazo único como é o Peirao de Arcade e vivindo unha experiencia inesquecible ao tempo que fan deporte. Fomentar o exercicio físico entre as crianzas con actividades saudables é un dos nosos obxectivos”.

Ademais, este ano a Gladiators Kids ten un motivo aínda mais especial xa que será unha carreira solidaria en beneficio de Bicos de papel, a asociación que apoia a nenos e nenas oncolóxicos do CHUVI e a súas familias. Durante toda a xornada, haberá un stand informativo e de venda solidaria para colaborar coa súa incrible labor. Tamén cabe a posibilidade de facer un donativo no momento da inscrición.

Publicacións Relacionadas