Soutomaior inicia hoxe a súa programación de Nadal

adminON
Lectura mínima de 3

O concello inaugurará esta tarde, a o partir das 16:30h. na Alameda de Talo Río o seu Nadal para Vivir en Soutomaior. Co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, o acendido das luces, karaoke para a cativada e moitas máis actividades.
7 de decembro, Soutomaior. Hoxe será un día máxico e de ilusión en Soutomaior, un día onde dará comezo o Nadal para vivir en Soutomaior, un Nadal para vivir con actividades para todo o mundo, un Nadal para vivir a inclusividade, a conciliación, a igualdade, un Nadal para vivir no Comercio e na Hostalería, un nadal para que vivan todas as veciñas e veciños do concello e para que o desfruten tamén todo aquel que desexe visitar este concello ten preparadas para estes días.
Nesta tarde a actividade comezará ás 16:30h. co mercado das ANPAS do IES Soutomaior, do CEIP Manuel Padín Truiteiro e do CEIP de Ponte Sampaio, os cartos recadados neste mercado será para axuda destas alumnas e alumnos para súa excursión de fin de curso. Ás 17:30h. dará comezo unha das citas máis agardadas, o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona e ás 18:30 será o momento do acendido das luces do concello grazas á colaboración da EN POSITIVO, Asociación de Persoas con Diversidade Funcional, elas e eles serán os encargados de dar o pistoletazo de saída a este Nadal en Soutomaior.
Un acendido de luces que chega un ano máis a todos os barrios de Soutomaior e que, neste ano, ampliou a súa extensión a outras zonas do concello. O obxectivo do concello é ampliar cada vez máis este alumeado e chegar a todos os puntos do mesmo.
Tralo acendido do alumeado a diversión seguirá en Talo Río co karaoke para a cativada a partir das 19:00h. onde as e os máis pequenos poderán amosar as súa habilidades coa música, e onde ademais haberá chocolatada de balde para todas e todos os que o desexen.
Un Nadal para o desfrute de todas as persoas que comeza hoxe e se desenvolverá ata o 6 de xaneiro. Podedes informarvos de toda a programación deste Nadal en: https://www.soutomaior.gal/wp-content/uploads/2024/11/programacion-NADAL-24-25-OP.pdf
Dende o concello convidan a todo o mundo a, dende hoxe, VIVIR O NADAL EN SOUTOMAIOR.

Comparte este artigo