Home Pontevedra Baixo Miño Tui recibe unha subvención de 600 mil euros do Consello Superior de...

Tui recibe unha subvención de 600 mil euros do Consello Superior de Deportes para a reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez

- Anuncio -

A execución das obras comezarán en breve

O Concello de Tui vén de recibir a comunicación por parte da subdirección Xeral de Promoción e Innovación Deportiva da concesión por parte do Consello Superior de Deportes dunha subvención de 599.863,23€ dentro das axudas ás corporacións locais e empresas públicas municipais do ano 2021 para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional.
Estes case 600 mil euros destinaranse á reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, sede do Club Kaiak Tudense que organiza anualmente ao Descenso Internacional do Miño.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosaba a súa satisfacción pola concesión desta subvención que cubrirá a práctica totalidade do investimento previsto, e que inicialmente se ía asumir con cargo ao remanente de tesourería. Con esta actuación renovaranse completamente as instalacións que datan do ano 1987. A proposta a executar buscará abrir a zona de adestramento, na planta baixa, ao Miño, cun sala de espera, entrada lateral, acceso adaptado, almacén de piraguas, e vestiarios. Mentres, no primeiro andar que aumentará en volume, plantéxase a zona administrativa, crearase unha zona de fisioterapia, sala de descanso, zona de sauna, hidromasaxe, crioterapia e vestiarios, e se manterá a zona de ergómetros. O edificio contará con novas entradas de luz natural e toda a fachada será revestida dunha “pel” que lle dará homoxeneidade e a integrará no entorno.
As obras comezarán en breve xa que o proxecto foi xa licitado e están pendente de completar o proceso de adxudicación.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que con este proxecto reformarase o centro municipal de piragüismo que era a única instalacións deportiva de carácter público que non obxecto de obras nos últimos anos.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas