HomeO MorrazoBueuÚltimos días para presentarse aos premios Johan Carballeira e ao certame de...

Últimos días para presentarse aos premios Johan Carballeira e ao certame de pintura Otero Baena para artistas noveis

- Anuncio -spot_img
  • O Concello de Bueu é unha vila de premios a través dos que se pretende fomentar a creación artística
  • Ambos certames constan dun premio económico de 1.500 € e con eles homenaxéanse a diversos persoeiros do municipio, caso de Johan Carballeira e José Benito Otero Baena

O Concello de Bueu lembra que esta semana é a última para presentarse aos Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo e ao II Certame Otero Baena para Artistas Noveis. Así, as persoas que desexen participar deberán facelo antes do 30 de maio no caso do Otero Baena e ata o 31 no caso dos Premios Johan Carballeira.

O II Certame Otero Baena vai dirixido a todos/as aqueles/as artistas noveis, maiores de 18 anos, cuxa obra presentada terá que ser inédita e orixinal. A temática será de libre elección e admitirase calquera técnica de pintura, cunha medida máxima do soporte de 1 m de ancho por 1 m de alto, podendo presentar os seus traballos as persoas de forma individual ou colectiva.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de maio, e constará de dúas fases: as persoas interesadas en participar poderán inscribirse antes do 30 de maio enviando por correo postal ao enderezo “Concello de Bueu, rúa Eduardo Vincenti nº 18, 36930” un CD ou USB nun sobre que incluirá na cuberta “II Certame de Pintura Otero Baena do Concello de Bueu”, no que se incluirán os arquivos da obra que concorre ao certame (xunto ás características da mesma, como título, técnica, medidas, e ano de realización), e noutro documento de texto Word, OpenOffice ou PDF, un breve currículo do autor ou autora coa traxectoria artística desenvolvida ata o momento, DNI ou pasaporte, enderezo, número de teléfono e correo electrónico, amais dunha declaración responsable onde conste que a obra é orixinal. Unha vez revisada a documentación por parte do persoal do Concello de todas as obras inscritas, convocarase a un xurado, de recoñecido prestixio, que será o encargado de facer unha preselección dun máximo de 25 obras, que son as que formarán parte da exposición na Sala Amalia Domínguez Búa. Ademais, o xurado seleccionará outras cinco obras de reserva, por se algunha das elixidas rexeitan participar na exposición. Unha vez seleccionadas as obras participantes, os e as artistas presentaranas en formato físico no Concello de Bueu antes do 20 de maio, solicitando cita previa para a entrega presencial a través do correo comunicacion@concellodebueu.gal, ou ben a través de envío con axencia de transporte ao enderezo Concello de Bueu, rúa Eduardo Vincenti nº8 Bueu.

A exposición poderase ver dende o 15 ao 31 de xullo, e nesa franxa tamén se organizará a gala de entrega do galardón á persoa que resulte gañadora dun premio dotado con 1.500 euros.

Segundo establecen as bases, o premio contará cun xurado de importante nivel. Serán unha persoa dunha fundación artística, do Museo Massó, da Facultade de Belas Artes, un artista e un galerista.

No caso dos Premios Johan Carballeira, estes contarán cunha dotación económica de 1500 € para ambas categorías amais da publicación no caso do de poesía, tal e como vén sendo habitual, por parte da Editorial Xerais.

As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: mediante o envío do traballo en papel ou en formato dixital.

Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira. Ademais, pretenden fomentar a lingua galega, incluída tamén a normativa reintegracionista que é a novidade desta edición. O certame celebra a vixésimo oitava edición na categoría de poesía e a vixésimo segunda na de xornalismo.

As bases completas de ambos certames están dispoñibles na páxina web:

Publicacións Relacionadas