Home Pontevedra Deza Un milleiro de alumnos participará na fase zonal Terra do Deza de...

Un milleiro de alumnos participará na fase zonal Terra do Deza de Campo a Través en Idade Escolar, que terá lugar mañá

- Anuncio -

• ESTA COMPETICIÓN, CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DESTA MODALIDADE DEPORTIVA, TERÁ LUGAR NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

• PARTICIPARÁN ESTUDANTES DE PRIMARIA E SECUNDARIA DE DOCE CENTROS EDUCATIVOS, NAS CATEGORÍAS DE BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL E CADETE

A fase zonal Terra do Deza de Campo a Través en Idade Escolar, organizada polo servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra e a Agrupación Deportiva Escolar O Pino, celebrarase mañá venres na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Este evento deportivo, fixado inicialmente para o 18 de novembro do ano pasado, tivera que ser adiado debido ás condicións meteorolóxicas previstas para ese día. A proba fora presentada ese mesmo mes no recinto por Daniel Benavides, xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, quen estivera acompañado por Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, e por representantes da Agrupación Deportiva Escolar O Pino.

A fase zonal Terra do Deza de Campo a Través, coa que se pretende fomentar a actividade física e a relación entre os rapaces da zona, contará coa participación dun milleiro de alumnos e alumnas de primaria e secundaria de doce centros educativos da comarca. Estes son o CPR Plurilingüe María Inmaculada, o IES Pintor Colmeiro e o CEIP Plurilingüe, de Silleda; o CEIP Ramón de Valenzuela, de Bandeira; o CPI Plurilingüe de Rodeiro, o CEIP Nosa Señora da Piedade e o CEIP Cerdeiriñas, de Vila de Cruces; o CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza, de Vilatuxe; e o IES Laxeiro, o CEIP Plurilingüe Varela Buxán, o CEIP Manuel Rivero, e o IES Aller Ulloa, de Lalín

Esta competición, que é clasificatoria para o Campionato Provincial de Campo a Través, incluirá categoría benxamín (2º e 3º de primaria), no cal corren 450 metros; alevín (4º e 5º de primaria), con distancias de 900 metros; infantil (6º de primaria e primeiro de ESO), correndo 1.350 metros; e cadete (2º e 3º de ESO), cunha distancia de 1.800.

O cross comezará no ring do recinto ás 10.25 horas e rematará sobre as 12.30 horas, cando se fará a entrega de medallas. Os cinco primeiros postos de cada unha das carreiras clasificaranse para o campionato provincial individual, mentres que a mellor clase de cada un dos cursos, clasificarase para o provincial de centros escolares.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas