Home Pontevedra Campo Lameiro Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que se celebra este domingo

- Anuncio -

Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms.

Un total de 650 persoas formalizaron a súa inscrición para participar na III Andaina Concello de Campo Lameiro que se celebrará este domingo 22 de setembro sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro de 14 quilómetros e un pequeño de 8 quilómetros, segundo informou o alcalde Carlos Costa e o Comité Organizador formado, entre outros, por Mónica Arza, Jesús García Ameijeiras e Paula Pazos, así como outras moitas persoas encargadas de varios departamentos e cometidos dentro do complicado e laborioso proceso de organización desta actividade que conta coa colaboración da Xunta e da Deputación de Pontevedra.

Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Campo Lameiro, tenta reunir deporte, proxección turística do municipio e solidariedade, xa que o 50% da recadación das inscricións desta proba non competitiva irá destinada integramente para a “Fundación Andrea”, unha asociación que axuda aos nenos con enfermidades raras e de longa duración con moito tempo de hospitalización.

Este proxecto, ademais de estar coordinado polo Concello de Campo Lameiro, conta co apoio da práctica totalidade do tecido empresarial do municipio que permitirá ofrecer un aperitivo para todos os participantes así como o sorteo de varios produtos doados polas empresas da zona entre todos os deportistas.

Así, esta proba pedestre non competitiva pretende promocionar tamén dos distintos lugares e paraxes marabillosas que conforman o patrimonio natural e medioambiental do concello de Campo Lameiro, Capital da Arte Rupestre de Galicia, e a organización estableceu un percorrido circular con varios postos de avituallamento para facilitar que os participantes estean perfectamente atendidos ao longo de toda andaina.

O percorrido establecido pola organización contempla un desnivel positivo de 860 metros para a distancia longa de 24 quilómetros, que terá tamén habilitados 3 avituallamentos. No caso do trazado medio, de 14 quilómetros, disporá de dous avituallamentos e no curto, de 8 quilómetros, un.

Para incentivar a inscrición neste evento deportivo e turístico, a organización estableceu varios sorteos de produtos doados por establecementos comerciais da contorna entre todos os dorsais inscritos, que tiveron que abonar 10 euros por participar en concepto de seguros, etc. 5 euros de cada inscrición irán destinados integramente á Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.

Ao remate deste evento turístico-deportivo a organización servirá un aperitivo a base de pinchos nos que haberá empanada, mexillóns e callos que poderán ser degustados e acompañados por bebidas refrescantes doadas polos establecementos colaboradores.

Relacionadas

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Rafa Domínguez participa na reunión do Comité Organizador do Tríatlon Multideporte 2025

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores na reunión do Comité Organizador do Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte que...

Luisa Sánchez participa en Vigo na presentación do Gastro Movida Summit 2024

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na presentación da terceira edición do Gastro Movida Summit, unha cita que reunirá en Vigo entre o...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Salvaterra de Miño aproba a solicitude...

0
O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar a solicitude que presentará á convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra da Deputación...

Publicacións Relacionadas