HomeBaixo MiñoA Guarda Unha comedia negra teatral porá fin á programación cultural do mes de...

 Unha comedia negra teatral porá fin á programación cultural do mes de maio

- Anuncio -spot_img
  • O Centro Cultural da Guarda acolle a obra “Encrucillados” de Teatro da Apocalipse, que está recomendada para maiores de 14 anos

A compañía de Teatro da Apocalipse presenta na Guarda a súa obra “Encrucillados”. Trátase dunha comedia negra recomendada para maiores de 14 anos.

A obra céntrase en dous personaxes principais: unha moza e o seu profesor universitario. Unha noite de treboada, ela entre ás agachadas no despacho do seu profesor, mais é descuberta. Tras unhas explicacións estrañas da moza, el decide instruíla no descifrado dos encrucillados crípticos, disciplina pola que é coñecido.

Pero a situación complícase, xa que os dous ocultan as súas verdadeiras intencións. A obra dará comezo este sábado 31 de maio ás 20:00h no Centro Cultural da Guarda.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, resalta que “toda esta actividade cultural na Guarda débese en gran parte a vea artística da cidadanía e as ganas de mostrar aos demais obras nas que levan moito tempo traballando e dedicando o seu tempo e esforzo”.

Teatro da Apocalipse consolida así a súa presenza teatral desde que naceu hai cinco anos. Aínda que durante o primeiro ano de vida os ensaios foron a través da pantalla, conseguiron montar a obra Tres Curtas Pezas e presentala polos teatros do Baixo Miño.

A Guarda segue asía apostando pola oferta cultural, alternando principalmente teatro e cinema no Centro Cultural da Guarda. Moitas destas obras son de veciños e veciñas do Baixo Miño, apostando polo cine ou teatro aficionado como o ciclo “Aficiónate ao teatro” de marzo e abril ou a recente estrea da película “Héroes del medallón” o pasado sábado.

Publicacións Relacionadas