Home Vigo Mos Unha estudante exemplar

Unha estudante exemplar

- Anuncio -

Sara Bugallo recibiu un premio autonómico polo seu expediente académico na ESO, sen adaptación curricular pese á súa parálise cerebral

Esta tarde celebrouse no Multiusos das Pozas a recepción a Sara Bugallo Vila, de 16 anos e estudante de 1º de Bacharelato no IES de Mos, polo premio autonómico obtido polo seu expediente académico da ESO. Sara é veciña de Louredo, membro de unha familia de 4 irmás, e filla de Emma Vila, unha das enfermeiras do Centro de Saúde de Mos e membro da Mesa Local da Saúde. No acto homenaxe celebrado hoxe Sara estivo acompañada, ademáis de pola súa familia, pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, a edil de Educación, Julia Loureiro, e demais mebros da Corporación Municipal.

A Xunta de Galicia galardoou a un total de 20 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, ESO, polos seus esforzo e superación persoais. Unha desta vintena de persoas premiadas en toda Galicia é a estudante mosense, Sara Bugallo, EXEMPLO DE ESFORZO E SUPERACIÓN.

Sara naceu prematura, xunto cunha irmá melliza que non sufriu ningún problema, cunha parálise cerebral permanente de nacemento. O mérito de Sara é enorme e o seu esforzo titánico, pois cursou toda a Educación Primaria no CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro Mos e a ESO no Colexio Lar sen ningún tipo de adaptación curricular, a pesar da maior dificultade que para ela supoñen tarefas como a escritura, na que é máis lenta, ou os exames orais. Sen embargo Sara compensa os hándicaps coas súas fascinantes habilidades, como a súa gran capacidade de memorización e retención. A súa nai Emma, asegura que “o seu punto forte é a memoria, e na casa, cando non sabemos algún dato ou non lembramos algo, sempre llo preguntamos a ela. É incrible a cantidade de datos que recorda”.

A asignatura preferida de Sara é a Historia, polo que o seu soño e a súa meta é ser profesora desta asignatura. Ademais dos estudos, Sara tamén dedica tempo ás súas afeccións. É afeccionada ao fútbol e seguidora do Real Madrid, equipo polo que sinte unha especial paixón. O seu xogador favorito é Federico Valverde. Por suposto, e como non podía ser doutro xeito, Sara sábese de memoria cada dato, cada detalle, da historia e da traxectoria do clube e do seu futbolista predilectos.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas