Home Pontevedra Campo Lameiro Unhas 200 persoas concéntranse diante do Centro de Saúde de Campo Lameiro...

Unhas 200 persoas concéntranse diante do Centro de Saúde de Campo Lameiro para reclamar un médico estable de Campo Lameiro

- Anuncio -

Os asistentes recolleron follas de reclamación que serán presentadas ante o SERGAS para expresar a repulsa por unha situación de interinidade que se prolonga demasiado no tempo.

Unhas 200 persoas convocadas polas tres formacións políticas que conforman a Corporación Municipal (PPdeG, Porvir e PSdeG-PSOE) asistiron á concentración diante do Centro de Saúde para reclamar un médico de xeito estable en Campo Lameiro e poñer fin á interinidade de facultativos que leva prolongándose xa demasiado tempo.

Os concentrados despois de berrar varias consignas a prol da sanidade pública e de calidade recolleron as follas de reclamación repartidas polos membros da Corporación Municipal para que, unha vez cumprimentadas, se entreguen no Concello para que se fagan chegar ao SERGAS.

Os asistentes a esta concentración remataron o acto coa lectura dun manifesto a cargo do alcalde Carlos Costa, en nome da Corporación Municipal, no que se recolle que “os veciños consideramos que servizo de Atención Primaria de calidade ten que ofrecer, cando menos, unha continuidade no médico de cabeceira que nos atende, sobre todo ás persoas maiores que precisan dun seguemento e dun coñecemento das súas doenzas cunha perspectiva e durabilidade no tempo. Queremos unha continuidade e unha estabilidade na atención sanitaria en Campo Lameiro polo que instamos ao SERGAS e á Xunta de Galicia a que tomen as medidas necesarias para que non nos atenda un médico cada pouco sin que nos dea tempo casi nin a coñecelo”.

No escrito reivindicativo ínstase tamén ao Goberno de España a que amplíe o número de prazas para o MIR e que se diferencie, desde o principio, os médicos que prefiren a especialidade de Urxencias e os de Atención Primaria “para que se cubran canto antes todas as vacantes que existen no sistema sanitario galego e español. En definitiva, estamos hoxe aquí reivindicando novamente unha atención digna para os nosos veciños e veciñas. Non queremos ser tratados como si foramos veciños de terceira”.

O SÁBADO REPETIRASE A CONCENTRACIÓN DE PROTESTA

Asimiso, o alcalde anunciou en nome de toda a Corporación que seguirán as protestas en diferente formas para reivindicar unha estabilidade médica para Campo Lameiro, indicando que seguirán combinando as xestións ante as autoridades sanitarias e as mobilizacións ata que se resolva a falta de estabilidade e consolidación de médicos en Campo Lameiro e así, o vindeiro sábado 17 de decembro ás 18 horas, volverá realizarse unha nova concentración ante o Centro de Saúde.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas