HomeVigoBaionaVelada Músico-Literario "Valo-Brass"

Velada Músico-Literario “Valo-Brass”

- Anuncio -spot_img

Mañá venres día 18 de xullo, ás 20:00 h. celébrase a segunda velada músico-literaria do verán, será o grupo “Vala-BRASS” quen fará soar esta vez os instrumentos de vento metal nos xardíns de Cásaa-Museo da Navegación de Baiona.

Trátase dun quinteto de recente creación, composto por músicos que pertencen á Unión Musical de Valladares (Vigo). A vocación da formación, artística e divulgativa, aspira a contribuír a enriquecer a vida cultural da baionesa localidade. Pezas clásicas orixinais, adaptacións de grandes bandas sonoras, ou composicións máis contemporáneas amenizarán unha velada dedicada á soada escritora Rosalía de Castro.

Nesta ocasión, será o xornalista e realizador baionés Gerardo Collazo, quen se encargará da lectura da selección de textos. Collazo é autor de varios libros “Os anos sen dono” (Bala Perdida), “Agarimo” e “Deixeime os coellos atrás, e non me importa!”.

Publicacións Relacionadas