– A programación segue mañá co célebre grupo infantil CantaJuego, que presentará a súa nova proposta teatral e musical: «El Payaso Tallarín – Su Gran Circo». A actuación terá lugar mañá, domingo 31 de maio ás 18:30 horas, no Campo da Feira con acceso de balde para todos os públicos.
Redondela abriu hoxe a programación da Festa da Coca 2026 coa celebración do Urban Fest, unha cita adicada por completo á cultura urbana. A programación comezou este mediodía co Urban Jam, con obradoiros prácticos onde a rapazada puido gozar do deporte e a arte urbana, aprendendo técnicas de parkour,skate, stencil e a demostración de BMX Flatland con David Carmona “Monkiki”.
Tras os talleres, a música toma o relevo. Arrancaron esta tarde os concertos do Choquiño Urban Fest no Campo da Feira. Pasarán polo escenario Ortiga, 9Louro, Kike Varela, French Rivera e os Dj´s Rodri Vegas, Dj Valdi e Ramsés López. A música fará vibrar ao público ata as 04.00 horas.
Domingo co Payaso Tallarín
Mañá domingo recibimos unha das citas máis agardadas para o público infantil. O célebre grupo CantaJuego presentará no municipio a súa nova proposta teatral e musical: «El Payaso Tallarín – Su Gran Circo». Ao longo da tarde sucederanse acrobacias, humor e cancións en directo onde non faltarán personaxes históricos do grupo como Coco e Pepe. A actuación terá lugar ás 18:30 horas, no Campo da Feira. A actuación forma parte da programación da Festa da Coca, con acceso completamente de balde para todos os públicos.

